Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

O congreso dos deputados apoia a candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués

Correo-e Imprimir PDF
O Congreso dos Deputados do Parlamento Español deu hoxe por unanimidade o apoio á presentación da Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego Portugués “As tradicións Orais”, no ano 2008 para que sexa inscrito este patrimonio na Lista Indicativa que a Unesco fará pública en setembro de 2009.

IV xornadas culturais en Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF
A A.V.C.D. "O Castro" de Chandebrito, organiza as "IV Xornadas Culturais", que se celebrarán do 1 ao 15 de decembro. O programa que se desenvolve a continuación, está cargado de actividades variadas para todos os gustos e idades. A Concellaría de Cultura colabora na organización das Xornadas.

Víchelocrego pecha o certame de teatro en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

{mosimage}Este sábado 1 de decembro, a Mostra de Teatro "Roberto Vidal Bolaño" de Gondomar remata coa participacion da compañía Vichelocrego Teatro, asociada ao Instituto de Secundaria "Auga da Laxe", de Gondomar, que representará Spot.
 Unha ácida ollada sobre o  mundo da publicidade, o consumo e as fantásticas promesas transmitidas, mediante slogans, musiquiñas, jingles e frases feitas, que penetran nos nosos sentidos, na nosa memoria, na noa fala cotiá, e  constrúen un estrano mundo ideal cheo de absurdos e novos significados sorprendentes.

 

Volta doce amor

Correo-e Imprimir PDF
John DowlandPodemos afirmar que os ingleses son os reis do "hit parade".Xa dende o Renacemento a música feita na Gran Bretaña (¿cal é a pequena Bretaña) ben sendo un dos referentes mundiais, pero non vos pensedes que imos falar de Lenon e compaña, desta banda tócanos indagar na enigmática figura do compositor do Renacemento John Dowland.

Berrobambán Teatro este luns no Contomar

Correo-e Imprimir PDF

Hoxe luns, a Biblioteca Municipal de Gondomar acollerá a representación do espectáculo de animación á lectura "Un conto que nin pintado" da compañía Berrobambán Teatro, dentro da programación do proxecto de fomento da lectura CONTOMAR que organiza a Asociación de Nais e Pais As Pontes. Con esta proposta queremos enriquecer a oferta de actividades que promove o CONTOMAR e contribuír a reforzar o traballo de fomento da lectura que semana a semana, desde hai case dous anos, realizamos coas sesións de contacontos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL