Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Marzo teatral en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

O grupo de teatro Tranghallada de NigránA Concellería de Cultura continúa co ciclo de teatro, denominado "Teatro do Miñor", onde os gruops de teatro da comarca  representarán as súas obras actuais durante o mes de marzo:  Tranghallada teatro de Nigrán pechará o ciclo o día 29 de marzo ás 21.30horas, no Colexio de Panxón, coa comedia "Algo anormal ocorre no hospital".

Ponte ... nas ondas! e a Asociación Cultural Morraceira convocan o Certame audiovisual 'Conta onde v

Correo-e Imprimir PDF
As asociacións galego-portuguesas Ponte ... nas ondas! e Morraceira convocan o Certame Audiovisual “Conta onde vives” no seu desexo de contribuir a construcción da Eurorrexión e co fin de contribuir a unha reflexión sobre a identidade e o territorio como espazo onde se desenvolve e conforma a cultura galego-portuguesa. Para poder participar só é necesario facer unha gravación en vídeo do lugar onde vivas, unha reportaxe, unha crónica, unha denuncia, unha exaltación das excelencias....que penses sexa interesante onde se conte, de xeito orixinal, para o resto do mundo o "teu paraiso ou o teu inferno".

Os podcasts galegos saen da rede ao "mundo real"

Correo-e Imprimir PDF
O blogueiro Dorfun impulsa unha idea para difundir os falangullos fóra da rede e compartilos gravados en CD. Como un xeito de promocionar os podcasts ou falangullos nace o podcrossing, unha distribución dese formato de comunicación en soporte físico, é dicir, gravados en CD. Inspirado no bookcrossing, xorde en Galiza un movemento impulsado polo blogueiro Dorfun, que explica a idea nun manifesto, do que se fai eco Podgalego.org.

Un millón para o monte

Correo-e Imprimir PDF
O Val Miñor, unha comarca ligada tradicionalmente ao mar, envórcase agora cos seus montes. Os comuneros acumulan un total de nove proxectos que pronto poñerán en marcha e que, sen dúbida, contribuirán a mellorar a conservación dalgúns espazos naturais emblemáticos. Para iso contarán co apoio da Consellería de Medio Rural, que comprometeu axudas por un importe total de algo máis dun millón de euros.

Baiona acolle unhas xornadas sobre Cristóbal García Sarmiento, o piloto miñorano da Pinta

Correo-e Imprimir PDF

O Clube Marítimo Marisma da Ramallosa e o Instituto de Estudos Miñoranos organizan o ciclo de conferencias sobre Cristóbal García Sarmiento, piloto da Carabela Pinta. As xornadas terán lugar no salón de actos da Capitanía Marítima de Baiona ás oito e media da tarde e a entrada para asistir é libre.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL