Venres, 10 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Ponte ... nas ondas! e a Asociación Cultural Morraceira convocan o Certame audiovisual 'Conta onde v

Ponte ... nas ondas! e a Asociación Cultural Morraceira convocan o Certame audiovisual 'Conta onde v

Correo-e Imprimir PDF
As asociacións galego-portuguesas Ponte ... nas ondas! e Morraceira convocan o Certame Audiovisual “Conta onde vives” no seu desexo de contribuir a construcción da Eurorrexión e co fin de contribuir a unha reflexión sobre a identidade e o territorio como espazo onde se desenvolve e conforma a cultura galego-portuguesa. Para poder participar só é necesario facer unha gravación en vídeo do lugar onde vivas, unha reportaxe, unha crónica, unha denuncia, unha exaltación das excelencias....que penses sexa interesante onde se conte, de xeito orixinal, para o resto do mundo o "teu paraiso ou o teu inferno". Os traballos que poden ser individuais ou colectivos e dunha duración máxima de 5 minutos, pódese subir directamente ao YoTube, enviando o enlace a \n Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo Este enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver ou envialo en calquera tipo de soporte aos enderezos: A Morraceira - Lugar de Segerem 4920-070 Loivo - Vilanova de Cerveira (Portugal) ou a Oficina Xuvenil Transfronteiriza - Rúa Sanz 28 - 36700 Tui (Galiza).

Premios Colectivos

1º.- Realización dunha curtametraxe co colectivo coa producción do Filminho.

2º.- Colección de cinema galego.

3º.- 1 Cámara de fotos dixital.

Premios individuais

1º.- 1 Cámara de video dixital.

2º.- Colección de cinema galego.

3º.- 1 Cámara de fotos dixital.

O prazo para presentar os traballos será o 17 de maio de 2008. Os traballos gañadores serán exhibidos no Festival de Cinema Galego-Portugués Filminho que se celebrará entre o 22 e 27 de xullo, e que sustituirá a que fora a Mostra Curtas Minhotas.