Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Ponte Nas Ondas, participa no encontro de asociacións galego-portuguesas en Braga

Ponte Nas Ondas, participa no encontro de asociacións galego-portuguesas en Braga

Correo-e Imprimir PDF

Ponte...nas ondas! divulgará a través dun stand na mostra de asociacións galego-portuguesas as actividades que desenvolve destinadas aos xoves da Eurorrexión Galiza-Norte de Portugal. Proxectarase o videclip “Ponte...nas pontes” e solicitarán das asociacións galegas e portuguesas o apoio ao novo proceso da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués.

Ademais, farase pública a convocatoria da XIV edición da xornada de radio interescolar que se vai celebrar o 6 de xuño baixo o lema “Identidade e territorio”. Por primeira vez, as asociacións xuvenís poderán participar en Ponte...nas ondas! sen necesidade de facelo a través dos centros educativos.

O encontro de asociacións está convocado pola Dirección Xeral de Xuventude  e realízase os días 8, 9 e 10 de febreiro na localidade de Vilanova de Famalicao en Braga.

O desenvolvemento do Encontro prevé a o traballo en grupos e a mostra das asociacións (mostra estática, tipo “stand” e a mostra viva ).

A mostra das asociacións permitirá ver quen é cada asociación e qué actividades realiza, e o traballo en grupos vai ser fundamental para, mediante as achegas dos asistentes afondar nos obxectivos esenciais do encontro: o achegamento cultural entre Galiza e Portugal e a participación social da mocidade.

 

Nos grupos trataranse de xeito directo temas como o achegamento cultural entre Galicia e Portugal, a participación social da mocidade ou asentamento das bases de futuras colaboracións.

 

Preténdese nesta mostra favorecer o encontro entre os mozos e mozas organizados de ambos lados da raia, de xeito que se podan intercambiar ideas, proxectos e actividades e ademais tecer novas redes que no futuro podan ter como froito actividades de carácter transfronteirizo.


Haberá momentos para a reflexión e o traballo conxunto e tamén o espazo necesario para que cada asociación poda expoñer as súa actividades e proxectos.