Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura 25 de novembro: ábrese outra nova oportunidade para o patrimonio inmaterial galego-portugués

25 de novembro: ábrese outra nova oportunidade para o patrimonio inmaterial galego-portugués

Correo-e Imprimir PDF
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte
Hai dous anos, en París, o Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués aspiraba a ser proclamado Obra Mestra de Humanidade. Daquela, 65 candiaturas disputaban a proclamación. Delas, o flamenco e “As tradicións Orais Galego-Portuguesas”, quedaron, aquel 25 de novembro de 2005 sen ser proclamadas.

 

Sin embargo, a Candidatura das tradicións orais galego-portuguesas lograba a recomendación da UNESCO para ambos Estados no sentido de voltar a candidatarse, nun informe que a Unesco remitíu a ambos gobernos, español e portugués e a Asociación Ponte...nas ondas! promotora da Candidatura.

No informe, a Unesco valorou o rigor do traballo presentado e o modélico proceso realizado polos promotores, destacando que se trataba da primeira Candidatura promovida desde centros educativos de dous países da Unión Europea.

Naquel ano 2005, arredor da Candidatura, realizouse en toda a Eurorrexiónun proceso de reencontro coas raíces máis profundas da súa identidade. Institucións, entidades, asociacións e diversos colectivos apoiaron esta Candidatura que chegou a acadar o respaldo unánime dos Parlamentos Galego e Español e apoios tan significados como os de Federico Mayor Zaragoza, José Saramago, Nélida Piñón, Suso de Toro ou Manuel Rivas.

Desde entón, Ponte...nas Ondas! non deixou de realizar unha actividade constante a prol do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués: levar o patrimonio á Rede na XIII edición de Ponte...nas Ondas!, por en marcha un Certame de Recolla da tradición oral nos centros educativos de Galicia e Norte de Portugal ou promover a VI edición da Mostra da Oralidade o pasado 12 de novembro en Pontevedra.

Desde hai poucos días, a Unesco facía público o calendario do novo procedemento de inscrición na Lista Indicativa do Patrimonio Inmaterial que será proclamada en setembro de 2009. Ponte...nas Ondas! demandou de ambos gobernos, español e portugués que, tal como foi suxerido pola Unesco, se presentase novamente  a Candidatura de “As tradicións orais galego-portuguesas” para seren incluídas na futura Lista Indicativa.

Tal como aconteceu en 2004, de novo o Ministerio de Cultura de España, desatende a propia recomendación da Unesco e ignora a petición e os apoios recibidos pola Candidatura promovida por Ponte...nas Ondas!

Ponte...nas Ondas! quere lembrar que, ao tratarse dunha proposta multinacional os Estados non teñen impedimento nin obstáculo para presentar varias propostas.

Coñecida a decisión do Consello do Patrimonio Histórico de España, de optar pola presentación da “Dieta mediterránea” como proposta multinacional, desde Ponte...nas Ondas! entendemos que nos encontramos na mesma situación plantexada no ano 2004, cando a anterior ministra de Cultura optou por presentar a do flamenco como proposta transnacional.

Por tanto, estamos novamente diante dunha nova oportunidade que volta a pasar polo apoio que o Ministerio de Cultura de Portugal continúe a manter con esta Candidatura.

Ponte...nas Ondas! solicita dos cidadáns da Eurorrexión a activación da defensa do seu patrimonio común como principal sinal de identidade deste espazo común europeo e fai un chamamento ás institucións políticas de Galicia e do Norte de Portugal para que se mobilicen activamente para que a Candidatura de Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués non perda unha nova oportunidade e o sexa proclamada en setembro de 2009 como Obra Mestar da Humanidade.

Desde Ponte...nas Ondas! agradecemos publicamente o labor exemplar que están a dar os centros educativos da Eurorrexión co Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués e continuamos a demandar a inclusión deste Patrimonio Inmaterial como un contido transversal nas aulas para ser tratado nos aulas da Eurorrexión.