Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Tertulia do IEM con Manuel Caamaño

Correo-e Imprimir PDF
O venres 1 de febreiro de 2008 terá lugar unha nova TERTULIA DO IEM. Nesta ocasión estará con nós o arquitecto técnico, ex profesor da Escola de Arquitectura da Coruña e especialista en arquitectura popular MANUEL CAAMAÑO que será presentada pola catedrática da Universidade de Vigo e membro do IEM CAMIÑO NOIA Como é costume este faladoiro do IEM terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar e dará comezo ás 20:30h.

O CIM nigranés organiza un curso de alfabetización para adultos e outro de tarefas do fogar

Correo-e Imprimir PDF
O Concello de Nigrán organiza un curso de alfabetización para adultos no que se abordarán nocións elementais de lingua, ortografía, matemáticas, historia, entre outras. A actividade comezará o 5 de febreiro e para máis información poden dirixirse ao Centro de Información á Muller, na antiga estación do tranvía de Panxón. Por outra banda, está aberto o prazo para o curso de habilidades domésticas para homes.

Presentación do libro Gondomar de Pablo

Correo-e Imprimir PDF
Miguel Anxo MouriñoPablo, o tenro protagonista deste libro, percorre co avó os camiños entrañables deste cosmos telúrico que é Gondomar de Pablo. Da man do seu avó poeta, Pablo percorre, en 25 poemas, as rúas e lugares de Gondomar, pasa pola esquina da de Peralba, baixa ata o parque da Coelleira, achegase á Alameda, á Praza ou ata o Concello e tamén visita o quiosco de Alvarito, a cafetería Venecia, o Catro Camiños, o Cristaleiro, a de Penisco ou o Keike, achegase ata o Rañolas e non deixa de visitar a Libraría Libraida, a farmacia e outras lugares máis. 

Tertulia do IEM con Angel Carracedo Álvarez

Correo-e Imprimir PDF

Angel Carracedo. Foto: El Correo GallegoEste venres 11 de xaneiro de 2008 terá lugar a cuarta das TERTULIAS DO IEM. Nesta ocasión contará coa participación o catedrático da USC, director do Instituto e Medicina Legal (IML) de Santiago e un dos maiores especialistas mundiais en xenética e ADN, ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ que será presentada polo biólogo, profesor e concelleiro de Nigrán JUAN HERMIDA. Ángel Carracedo, participa nestes días a petición do goberno colombiano, no análise das probas de ADN practicadas a un neno que se cre é o fillo da ex candidata a vicepresidente Clara Rojas secuestrada polas FARC no 2004

Engado

Correo-e Imprimir PDF
Unha sonoridade que racha cos tópicos da música feita en Galicia. Un dos proxectos mais interesantes deste ano que deixamos atrás. Quizais sexa una continuación do camiño que abriron grupos como Berrogüetto , pero que Engado leva mais aló. O "cabecilla" é Xose Lois Romero, que tras pasar por varios grupos culmina con este a unión da música coa danza, porque Engado é a banda sonora dun espectáculo de danza de "Nova Galega de Danza".

Estamos entón diante dun proxecto total, que auna varias artes, que emparella coa diversidade de instrumentos que conforman o grupo, unindo instrumentos tan dispares pero que a vez encaixan tan ben como poden ser a gaita, co vibráfono ou o arcordeón.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL