Domingo, 28 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Tertulia do IEM con Angel Carracedo Álvarez

Tertulia do IEM con Angel Carracedo Álvarez

Correo-e Imprimir PDF
Angel Carracedo. Foto: El Correo Gallego

Este venres 11 de xaneiro de 2008 terá lugar a cuarta das TERTULIAS DO IEM. Nesta ocasión contará coa participación o catedrático da USC, director do Instituto e Medicina Legal (IML) de Santiago e un dos maiores especialistas mundiais en xenética e ADN, ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ que será presentada polo biólogo, profesor e concelleiro de Nigrán JUAN HERMIDA. Ángel Carracedo, participa nestes días a petición do goberno colombiano, no análise das probas de ADN practicadas a un neno que se cre é o fillo da ex candidata a vicepresidente Clara Rojas secuestrada polas FARC no 2004

Como de costume este faladoiro do IEM terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe, Gondomar e dará comezo ás 20:30h. 

Ángel Carracedo Álvarez desenvolve un amplo labor investigador no campo da xenética molecular, unha especialidade na que é pioneiro e que lle permitiu crear pautas e modelos de actuación que hoxe se aplican a nivel internacional. Desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional no Instituto de Medicina Legal (IML) de Santiago, que dirixe na actualidade e do que foi máximo responsable desde 1994 a 1999, un centro que se converteu nun referente mundial no campo da xenética forense e na xenética molecular clínica.

Natural de Santa Comba, Ángel Carracedo licenciouse en Medicina en 1978 con sobresaliente, conseguindo ademais Premio Extraordinario de Licenciatura; e catro años máis tarde obtivo o doutorado, tamén con premio extraordinario. Desde 1990 é catedrático de Medicina Legal é, tamén desde ese año forma parte do consello da Sociedade Internacional de Xenética Forense, entidade que preside desde 1999.

Carracedo Álvarez destaca polas súas investigacións no campo da xenética aplicada, principalmente no campo da medicina forense, da que é un recoñecido especialista a nivel mundial. Durante a súa dilatada traxectoria ten participado en máis de tres mil pericias en xenética forense (investigación da paternidade, criminalística biolóxica e investigación). Unha ampla experiencia que lle permitiron tamén, destacar como formador de investigadores de numerosos países. De feito, o IML é como “unha pequena ONU'” na que traballan persoas de diversos países.

Co-director, xunto con Fernando Domínguez, da Unidade de Medicina molecular do Inco-Sergas dende 1997, o médico xalleiro ten escrito 7 libros e realizado máis de 300 publicacións, a maioría delas en revistas internacionais na área de la xenética forense.

 

A pegada xenética

Galicia e Santiago son, en parte grazas a Carracedo, centro de referencia na xenética forense. Actualmente o equipo no que traballa quere “liderar” as últimas tecnoloxías e está desenvolvendo chips de ADN para análises de investigación criminal ou para identificar a posibilidade que ten unha persoa de herdar unha determinada enfermidade (empezan polas enfermidades mentais e polo cancro de mama).

Carracedo resalta que este gran traballo e os avances que conseguen débense “ao enorme esforzo” dun grupo formado por quince persoas no campo de xenética forense e outras 15 no da clínica.

Ademais de en España, Carracedo formouse en Suecia, Estados Unidos e outros países de América, Asia e Europa, e impartiu numerosas conferencias en toda Europa, Xapón, Estados Unidos e Iberoamérica e dirixiu 28 teses doutorais, todas coa máxima cualificación e 4 con premio extraordinario.

No seu amplo currículo, ademais de ser presidente da Sociedade Internacional de Xenética Forense, é vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal e membro permanente do Grupo Europeo do ADN ou da Comisión del ADN do Instituto Nacional de Xustiza de Estados Unidos, coordina a rede da Unión Europea de Estandarización do ADN e da Rede Iberoamericana de Xenética Molecular Aplicada á Medicina forense.

Experto coñecedor do ADN, a través del cal ten axudado a resolver numerosos procesos xudiciais, Ángel Carracedo ten reclamado en numerosas ocasiones o desenvolvemento lexislativo da xenética forense en España, para evitar os prexuízos actuais para a resolución de moitos casos e para a protección de datos persoais. O catedrático tense mostrado partidario de crear bases de datos de ADN con fins de investigación criminal. “Temos a capacidade técnica para facelo, pero no se fai porque no está lexislado'', sinala.

Entre outras, Carracedo foi premiado pola Academia médico-quirúrxica, a Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia, a Fundación Caixa Galicia, a Fundación Frontela de Medicina Legal, a Sociedade Escandinava de Medicina Forense, o Grupo Hematolóxico forense italiano y outras sociedades científicas.