Domingo, 12 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Áncora Produccións galardoada co premio Roberto Vidal Bolaño de teatro

Áncora Produccións galardoada co premio Roberto Vidal Bolaño de teatro

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Gondomar, a través da Concellaría de Cultura, celebrará, un ano máis, o Día Mundial do Teatro, entregando o Premio Roberto Vidal Bolaño de 2008, que este ano recaerá sobre a compañía ANCORA PRODUCCIÓNS e os seus codirectores, Anxela Abalo e Gustavo Pernas.

Os premiados porán en escea a súa última obra "Medidas Preventivas". 

O sábado 29 de marzo, a partir das 22:00 horas, a compañía ANCORA PRODUCCIONS, codirixida por Gustavo Pernas e Anxela G. Abalo, recibirá o premio "Roberto Vidal Bolaño" de teatro do Concello de Gondomar, pola súa notable contribución ao teatro galego e polo seu vencello coa cultura de Gondomar e coa Mostra de Teatro "Roberto Vidal Bolaño", que se celebra todos os outonos en Gondomar.

Despois da cerimonia de entrega do premio, a cargo do Alcalde Xosé Antonio Araúxo Quintas e a concelleira de Cultura Fátima Rodríguez, ANCORA PRODUCCIÓNS porá en escena para o público do Auditorio Lois Tobío, a súa última obra: “Medidas preventivas”. Esta obra, escrita por Gustavo Pernas, acadou o premio AELGA (Asociación de Escritores en Lingua Galega) do 2007 como mellor libro de teatro.