Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

O contomar despídese ata setembro

Correo-e Imprimir PDF
Este próximo luns, 26 de maio, ás 18:00h, vaise celebrar na Biblioteca Municipal de Gondomar a última sesión do Contomar deste curso. O programa semanal de contacontos que promove Espazo Lectura despídese así  nesta súa terceira tempada cunha sesión na que celebraremos o cumprecontos dos oito nenos e nenas do Contomar que fan anos durante o verán; contaremos a historia As dentaduras de Paco Palma e agasallaremos os nenos socios do Contomar cun diploma de asistencia.

O IGADI presenta en Baiona “Nos dominios da incertreza”, un libro de Manuel Blanco Desar

Correo-e Imprimir PDF

{mosimage}O Director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional, Xulio Ríos, abrirá o acto de presentación do libro “Nos dominios da incerteza” coa participación do autor da narrativa, Manuel Balnco Desar. “Nos dominios da incerteza” é un libro de relatos no que o autor cuestiona os pilares económicos sobre os que se sustenta a sociedade contemporánea a través de once historias arredor da economía e as súas aplicacións.

Maratón cultural en Gondomar e Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Xosé María Álvarez BlázquezO concello de Gondomar organiza para este sábado varios actos na celebración do Día das Letras Galegas adicadas a xose María Álvarez Blázquez. Suspendido o acto de inauguración da rúa adicada a intelectual galego os actos de Gondomar sumados á convocatoria da asociación cultural Ximbaleu dunha maratón de lectura en Baiona, porán o broche final a esta semán cultural no Val Miñor.

"Ponte ao meu lado" no día das letras Galegas

Correo-e Imprimir PDF
Para mover as remansadas augas do río das iniciativas culturais transfronteirizas Ponte...nas ondas ! e os estudios Casa de Tolos de Gondomar presentan unha nova proba da creatividade e a colaboración galego-portuguesa. Nenos e nenas de Galiza e Portugal xuntan as súas voces ás de Guadi Galego e Vozes da Rádio para reivindicar o noso patrimonio común: o patrimonio inmaterial galego-portugués. 

Gondomar, Meira e Nigrán 'parlan' catalán

Correo-e Imprimir PDF
Uns 150 alumnos de ensino secundario de Cataluña estudan a lingua e a cultura do noso país nos seus centros, á vez que unha vintena de estudantes do IES Pedregal, en Meira, e do IES Augas de Laxe, en Gondomar, aprenden o catalán.
Trátase do proxecto Galauda unha iniciativa posta en marcha en 1999, ao que está previsto se una no vindeiro curso o IES Escolas Proval de Nigrán, tamén na comarca de Vigo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL