Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Baiona: Exposición fotográfica "Un mar de colores".

Baiona: Exposición fotográfica "Un mar de colores".

Correo-e Imprimir PDF
Exposición fotográfica

Está aberta ao público a exposición fotográfica "Un mar de colores" no vestíbulo do Concello de Baiona. A mostra está composta por imaxes dos 17 municipios que forman parte da Asociación Villas Marineras. A exposición chega a Baiona con motivo da celebración da 3ª edición da Festa Gastronómica da Lura, que terá lugar o próximo fin de semana.

Villas Marineras é unha organización integrada por municipios costeiros situados en Galicia, Asturias, Cantabria e o País Vasco, da cal Baiona é membro fundador.

 

A Concellaría de Turismo de Baiona, instalará un posto promocional na carpa da festa, situada nas inmediacións do Concello, na que se facilitará información da devandita asociación.

 

Villas Marineras

 

Villas Marineras naceu en 1998 co obxectivo de abordar mercados turísticos e emprender conxuntamente accións de promoción e comercialización das administracións integrantes.

A ela pertencen Sanxenxo, Baiona, Sada, Ortigueira, Viveiro e Ribadeo, en Galicia, ademais de Cudillero, Gijón, Ribadesella e Llanes, en Asturias; San Vicente de la Barquera, Santoña e Laredo, en Cantabria; e Bermeo, Lekeitio, Getaria e Hondarribia no País Vasco.

Segundo os seus estatutos a asociación acomete unha serie de liñas de actuación comúns encamiñadas a desenvolver novos produtos turísticos, traballando como unha rede na promoción turística e contribuíndo a reducir a estacionalidade mediante o fomento da oferta fóra da tempada estival.

Os municipios que integran este grupo perseguen, así mesmo, a recuperación e posta en valor do patrimonio natural, cultural e etnográfico, ademais de impulsar o aproveitamento dos recursos marítimos e pesqueiros dos seus portos, tendo presentes os conceptos de calidade e sostibilidade.