Baiona prepárase para recibir centos de visitantes durante a celebración da III edición da Festa da Lura. O sábado 6 e o domingo 7 de novembro, a partir das 12 da mañá, os asistentes poderán degustar na carpa instalada na praza do concello este apreciado cefalópodo. Neste prezo da porción será de tres euros e inclúese a bebida e unha a cazola conmemorativa.
Este será só o aperitivo xa que uns 50 establecementos hostaleiros da Real Vila ofrecerán distintos pratos elaborados con este típico produto. Os organizadores esperan superan a cifra da última edición na que se repartiron unhas tres mil porcións. Recordar que o ano pasado a última hora, o goberno municipal e ACEBA decidiron suspender a celebración de festa debido á consternación do pobo de Baiona, polo secuestro dos mariñeiros no Índico a bordo do Alakrana.
A celebración da festa da Lura ten como principal obxectivo atraer visitantes a Baiona nun afán de desestacionalizar e crear actividade na vila fóra da época estival. En canto á elección do produto determinouse pola relación ancestral que existe entre os baioneses e o mar, ao que se engade, a abundancia que se rexistrou hai anos deste cefalópodo en augas da baía. Tal era a súa profusión que existía unha flota específica dedicada á súa extracción.
Todas aquelas persoas que decidan visitar Baiona este fin de semana así como os propios veciños contan cun aliciente engadido. Ademais da gastronomía durante toda a xornada haberá unha serie de actividades paralelas tales como actuacións musicais, inchables e obradoiros para os máis pequenos, estes estarán dirixidos por profesionais da animación. En canto aos adultos poderán gozar, entre outros de catas de viños, actuacións musicais e un globo aeroestático instalado en praia A Ribeira no que os máis intrépidos poderán realizar o seu bautizo de aire. Tamén se preparou, no vestíbulo do concello, unha exposición con obxectos e elementos relacionados co mar.
As principais novidades da presente edición baséanse no cambio de situación, xa que a carpa que no ano 2008 se instalou no parque da Palma se instalará na praza do concello, lugar máis resgardado ante posibles inclemencias meteorolóxicas. Outra das razóns do cambio de situación é dar maior protagonismo a bares e restaurantes do municipio que serán os encargados de ofrecer menús alcanzables nos que o ingrediente básico sexa a Lura. Unha maior implicación e participación dos locais de restauración da vila é outra das novidades da presente edición.
A iniciativa de crear esta celebración parte do concello de Baiona e implica directamente ás concellarías de Cultura, Turismo e Comercio. Conta coa colaboración da asociación de comerciantes, hostalaría e restauración (ACEBA) que apoian a exaltación deste produto.
Durante o acto de presentación o alcalde de Baiona Jesús Vázquez Almuiña, manifestou unha vez máis, a intención do goberno de traballar “cóbado a cóbado” con todos os colectivos do municipio, neste caso o sector da hostalaría. Para, sinalou, de forma conxunta buscar actividades e ofrecer alternativas que permitan superar o mal momento económico polo que atravesa o país. Apostar, dixo, por actividades de calidade que nos permitan seguir mantendo o distintivo de excelencia que Baiona gañou por méritos propios e polo esforzo realizado por todos debe ser a meta El rexedor pediu un esforzo máis aos empresarios para facer de Baiona un lugar atractivo que se distinga doutros destinos pola calidade dos seus servizos.