Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura OBRADOIRO para novos DE BANDA DESEÑADA

OBRADOIRO para novos DE BANDA DESEÑADA

Correo-e Imprimir PDF
Obradoiro  banda deseñada

Desde a Concellaría de Xuventude de Nigrán convocase as persoas xoves entre 12 e 18 anos para realizar un obradoiro gratuíto de Banda Deseñada, impartido por Fran Bueno, a través da editorial El Patito Editorial e dentro do programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística para fomentar o uso do galego nas franxas de idade máis novas. O obradoiro constan dunha charla, de unha hora de duración, con proxección de vídeo e debuxos, na que se mostran pequenos trucos e claves para poder lle dar a forma ás historietas desde o guión ao debuxo e a cor.

Fran Bueno é autor de varias series publicadas en Galimatías, como “Amor inmortal” e “Causas nobres”, un historieta sobre unha familia de súper heroes na que abunda a traizón, os desenganos, as mentiras e as loitas polo poder, e que lle outorgou merecida fama no mercado estadounidense.

Nº máximo de alumnos 20, preferencia a orde inscrición e empadroados en Nigrán

Este obradoiro realizarase o venres 17 de decembro, as 18,00h, na aula de formación do Centro Antena. Rúa Otero Pedrayo nº 52, Nigrán. Para máis información e inscrición: OMIX de Nigrán, teléfonos: 986380108-986366572 ou no correo omix@nigrán.org