Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Director, guionistas e actores da película "18 comidas" estarán presentes na exhibición no Val Miñor.

Director, guionistas e actores da película "18 comidas" estarán presentes na exhibición no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
18comidas

O vindeiro sábado18 de xuño ás 22:30h no Auditorio Lois Tobío de Gondomar pase do filme "18 comidas", organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos e coa colaboración do Concello de Gondomar. Ao remate da proxección haberá un coloquio co seu director Jorge Coira, a coguionista, colaboradora do IEM e veciña de Morgadáns, Araceli Gonda e algún dos actores, pendente de confirmar. A entrada é libre.

Ficha técnica

DIRECTOR Jorge Coira

GUIÓN Jorge Coira, Araceli Gonda, Diego Ameixeiras

MÚSICA Piti Sanz, Iván Laxe

FOTOGRAFÍA Brand Ferro

REPARTO Luis Tosar, Esperanza Pedreño, María Vázquez, Cristina Brondo, Sergio Peris Mencheta, Víctor Clavijo, Juan Carlos Bellido, Víctor Dupla, Xosé Barato, Pedro Alonso

PRODUCTORA Tic Tac Producciones / Zircocine / Lagarto Cine

SINOPSE

Ingredientes:

  • 1 músico de rúa que hai tempo perdeu a súa oportunidade para ser feliz
  • 1 muller casada e cun fillo, que aínda soña co músico de rúa
  • 1 macedonio perdido en Santiago de Compostela
  • 2 amigos que non durmiron e que queren seguir borrachos o que queda de día
  • 1 home que espera o seu amor
  • 2 homes que se queren
  • 1 home que non sabe que o seu irmán quere a outro home
  • 1 convidada á comida equivocada
  • 1 rapaza que quere máis do que recibe
  • 1 home que non pode dar todo o que esa rapaza lle pide
  • 1 mozo -no día do seu aniversario- que morrería por que llo èdise a el
  • 2 irmás incomodadas porque unha delas quere ser cantante
  • 1 pai e un fillo que buscan cantante para a súa orquetra
  • 2 velliños que comen xuntos e en silencio

Elaboración

Macéranse os personaxes durante unha xornada, removendo ben para que as súas historias liguen ata formar unha masa consistente e esponxosa.

Sazonar xenerosamente cunha mestura de drama e comedia, dándolle liberdade ós ingredientes para impreganarse do sabor dos outros.

Meter no forno es esperar que se cociñen a fogo lento eses anacos de vidas que non son nosas, pero que poderían selo.

Aliñar a gusto con risas e bágoas e, finalmente, sírvese nunha boa mesa para que, quen o desexe, poida degustar, durante algo máis de hora e media, estas 18 comidas.

Bo proveito