Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Recoñecemento da Consellería de Cultura ao grupo Berrogüetto.

Recoñecemento da Consellería de Cultura ao grupo Berrogüetto.

Correo-e Imprimir PDF
Roberto Varela mantivo un encontro cos integrantes do grupo galego de música tradicional Berrogüetto

O grupo de música Berrogüetto foir recidbido polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, en San Caetano (A Coruña). O grupo foi felicitado pola obtención do Premio da Música á Mellor Canción en Galego, outorgado pola Academia das Artes e as Ciencias da Música o pasado 19 de maio na gala da XV Edición dos Premios da Música. O galardón recibido por Berrogüetto no teatro Arteria Coliseum de Madrid premia á súa canción ‘Alalá da noite’ que abre o disco ‘Kosmogonías’, o seu último traballo de estudo.

Berrogüetto e nomeado embaixador de Galicia no Ano da Música 2011 xunto cos músicos Mercedes Peón, Xoel López e Luar na Lubre. En 2011, Berrogüetto continúa desenvolvendo a xira de presentación de Kosmogonías, o seu quinto traballo discográfico, editado como os anteriores baixo o seu propio selo, e a través do que o grupo achega “unha colección de sons orgánicos” onde se plasma fielmente a súa especial concepción da música.

Este novo disco presenta, ademais, dúas novidades importantes: dunha banda a incorporación de Xabier Díaz como voz da formación –que completan Anxo Pintos, Guillerme Fernández, Isaac Palacín, Quico Comesaña, Quim Farinha e Santiago Cribeiro– e doutra, a utilización da nickelharpa, un instrumento de corda, orixinario do folclore sueco e similar en aspecto a unha zanfona.