Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Comezan as actividades do Encontro de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez 2011 en Gondomar.

Comezan as actividades do Encontro de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez 2011 en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
mapamasinfo

A concellería de Cultura do Concello de Gondomar puxo en marcha a segunda edición do Encontro de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez 2011. A inauguración do proxecto foi o pasado venres ás 20.30 h. no Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) coa exposición "Paseando" do fotógrafo invitado Brunheira. Este foi o comezo dunha serie de inauguracións que se prolongarán durante toda esta semana. En total son seis exposicións distribuídas en diferentes espazos de Gondomar.

Ademais das exposicións, esta segunda edición dos encontros esta composta por actividades paralelas como proxeccións ao aire libre (as noites do 1, 2, 8 ,9 de xullo), un maratón fotográfico que comeza cunha master class gratuíta e a edición e venda dun catálogo que recolle unha selección de traballos presentados por fotógrafos que participaron na primeira edición. Este catálogo está á venda nos locais que acollen as exposicións e ten un prezo de 3euros.