Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A vila de Gondomar terá a súa noite de músicas e imaxes coa inauguración do II Festival de Fotografía.

A vila de Gondomar terá a súa noite de músicas e imaxes coa inauguración do II Festival de Fotografía.

Correo-e Imprimir PDF
imaxes-proxectadas

"Petroglifos" a serie de fotografías do equipo das Xeiras e a Sección Arqueolóxica do Instituto Estudos Miñoranos, "Sitio adecuado, momento xusto" (Tito) , "Desertización"(AFOGRA) e mais "Músicas de Foto" (Xacobe Casal) abrirán mañá o II Encontro de Fotografía Dixital Domingo Pío Quintas Núñez, na vila de Gondomar. As series de imaxes serán proxectadas sobre o edificio da Praza de Abastos de Gondomar , o parque da Colleira, , a praza do Centro de Saúde e mais o parque das Ánimas, dende ás 22 horas ata ben entrada a noite para que tódalas persoas que se acheguen pola vila teñan a posibilidade de percorrer estes catro espazos.

As proxeccións se realizan nun sistema de bucle animado e estarán musicalizadas, proxectándose sobre superficies ao aire libre, o que dará a noite gondomareña un aspecto diferente ao habitual.

O evento, organizado pola Concellería de Cultura de Gondomar proseguirá o día sábado 2 coas obras "Cuando anochese" de Daniel Rivoira, "Natureza viva" de Pablo Fernández, "Around the world" de Oscar Vázquez, e "Espejos, umbral de la mirada" de Isabel Soler. Todos ás 22 horas e ata a media noite no mesmo sistema bucle-musicalizado.