Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A Xunta convoca os Premios da Cultura Galega 2011

A Xunta convoca os Premios da Cultura Galega 2011

Correo-e Imprimir PDF

A Xunta convocou os Premios da Cultura Galega 2011 a través dunha orde da Consellería de Cultura que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia (DOG), segundo informa a Xunta de Galicia nun comunicado. A Consellería distingue con estes galardóns o traballo creativo en Galicia e a súa expansión no exterior a través de sete modalidades: Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Iniciativas a favor do Patrimonio Cultural, Promoción Cultural, Música e Creación Audiovisual.

O prazo de presentación de candidaturas amplíase este ano a dous meses, contados a partir de mañá mércores día 22 e o premio consiste nunha escultura ou obxecto conmemorativo realizado por un artista galego de recoñecido prestixio e nun diploma acreditativo.

O xurado estará formado por un máximo de 12 membros e o seu presidente será o conselleiro de Cultura.