Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Presentación do libro coas actas do Congreso Emigración e Educación (1900-1936)

Presentación do libro coas actas do Congreso Emigración e Educación (1900-1936)

Correo-e Imprimir PDF
portada-libro-1-centenario

Hoxe ás 12:30h. no IES "Escolas Proval" foi presentado o libro que recolle as comunicacións presentadas no Congreso EMIGRACIÓN E EDUCACIÓN (1900-1936) Iº CENTENARIO DAS ESCOLAS DA UNIÓN HISPANO-AMÉRICANA VALLE MIÑOR (1909-2009). O libro foi editado polo Instituto de Estudos Miñoranos dentro da súa colección Universitas Minoris.

O congreso tivera lugar entre os días 29 de xuño e 3 de xullo de 2009 celebrouse en Nigrán, nas instalacións do Instituto de Educación Secundaria "Escolas Proval", o Congreso "Emigración e Educación 1900-1936. Iº Centenario das Escolas da Unión Hispano-Americana Pro Valle Miñor (1909-2009)", organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) como celebración do centenario da creación das Escolas da Unión-Hispanoramerica Pro Valle Miñor creadas pola asociación homónima impulsada polos emigrantes miñorás en Arxentina e no Uruguai.

O Congreso reuniu  unha manchea  de  profesores/as  e investigadores/as  das universidades da Coruña, Santiago, Vigo e Bos Aires, e doutras institucións para recoller  as súas respectivas visións  sobre diferentes aspectos da emigración e da educación en Galicia no primeiro terzo do século XX.

Ramón Villares Paz, Lourenzo Fernández Prieto,  Dionisio Pereira, Miguel Cabo,  Pilar Cagiao, Uxío-Breogán Diéguez, Raúl Soutelo , Xoán Carmona, Narciso de Gabriel, Ruy Farías, Xosé Manuel Cid, Antón Costa,  Xosé Manuel Malheiro, Rosa Pascual, Álvaro Peralta, Carlos Méixome, María Xosé González, José Ramón Iglesias, Miguel Anxo Santos Rego, María do Mar Lorenzo e Xosé Manuel Beiras fixeron as súa achegas que   se recollen na presente publicación coordinada polo profesor Xosé Manuel Malheiro.

Dous anos máis tarde ve a luz un volume, editado polo Instituto de Estudos Miñoranos dentro da súa colección Universitas Minoris, no que se recollen as actas do Congreso.

O volume de máis de 500 páxinas está organizado e dous grandes paneis. No primeiro faise unha achega á historia económica, política e social da Galicia no primeiro terzo do século XX. O segundo panel centrase na historia da educación, no papel da emigración no desenvolvemento dos centros escolares e no estudo das Escolas de Nigrán e dos seus impulsores Manuel Losada, Manuel Lemos e o seu director, Eladio Ferreiro. O segundo panel denominase  O labor educativo da emigración galega e as escolas da Unión Hispano-Americana Pro Val Miñor. O libro iniciase cun adro introductorio a cargo do profesor Ramón Villares e unha coda ou remate de Xosé Manuel Beiras

No acto  de presentación estiveron presentes o director do IEM, Carlos Méixome, o director do IES Escolas Proval, Manuel Martínez, a concelleira de Cultura de Nigrán, Liliana Silva Pequeno, a de Educación do mesmo concello, Ana Rosa Costas Abalde