Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

O Val Miñor en Fitur

Correo-e Imprimir PDF

O Centro de Iniciativas Turísticas do Val Miñor estará presente nestes días en FITUR Madrid conxuntamente no pavillón de Galicia para amosar a oferta turística que ofrece o noso Val Miñor.

A auga en Galicia non está só no mar, está tamén nas rías, nos mil ríos de Cunqueiro, na chuvia, nos encoros, no termalismo, e mesmo nos mananciais que se estouran comercialmente. Por iso, a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo prepara a promoción turística de Galicia durante o que quixeron denominar "o ano da auga".

O primeiro grande evento no que se porá de longo a oferta de Galicia será, como cada ano, Fitur, a Feira Internacional de Turismo que se celebrará en Madrid do 26 ó 30 deste mes. O día 27 será o Día de Galicia, cuxos actos principais estarán presididos polo titular da Xunta de Galicia, Manuel Fraga.

Xela Arias, a titulo póstumo, e Moisés Rodríguez Barcia,

Correo-e Imprimir PDF

Reunido na vila pontevedresa de Baiona, o xurado desta IV edición do Premio de Traducción que convoca a Fundación Plácido Castro, presidido nesta ocasión por Rosario �lvarez Blanco, decidiu conceder o galardón ex aequo a Xela Arias e Moisés Rodríguez Barcia.

A Xela Arias pola tradución de O Spleen de Paris de Baudelaire e a Moisés Rodríguez Barcia pola tradución de Do asasinato considerado como unha das belas artes de Thomas  de Quincey.

La Escuela de Padres reanuda sus actividades

Correo-e Imprimir PDF

La Escuela de Padres y Madres del Val Miñor reanuda sus actividades el próximo  17 de enero, a las cinco de la tarde, en el Colegio de Mallón.

 

Desde la dirección del Colegio de Mallón,se  hace un llamamiento a todos los educadores, padres, madres, etc. a participar en este tipo de charlas que ya tienen acreditado su prestigio, su interés y su relevancia a lo largo de varios años.     

Bebidas energéticas - Cuidado con los tópicos y leyendas

Correo-e Imprimir PDF
Los anuncios de televisión relacionan las bebidas energéticas con el deporte extremo y con la música de última generación. Quizás por ello se consumen sin atender a su composición o mezcladas con alcohol, algo que puede llegar a ser perjudicial para la salud. Y es que las bebidas energéticas contienen niveles de cafeína y taurina mucho más elevados de lo habitual, por lo que pueden provocar insomnio, nerviosismo y ansiedad, y están contraindicados para embarazadas. Pero, además, cuando se combinan con alcohol, enmascaran la sensación de embriaguez. Por todo ello los expertos recomiendan moderar su consumo y aconsejan no sobrepasar las cuatro unidades diarias.

Este sábado fallarase en Baiona a IV edición do Premio de Traducción Plácido

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Baiona acollerá este sábado a reunión do xurado que debe fallar o IV Premio de Traducción "Plácido Castro". 

Dotado con 3.000 euros, as anteriores edicións recaeron en Lois Tobío e Valentín Arias, Xesús Riveiro Costa, e Enma Lázare. O xurado está integrado por: Asociación de Traductores Galegos (Antón Palacio); Fundación Plácido Castro (Xulián Maure); Real Academia Galega (Rosario �lvarez); Universidade de Vigo (Susana Cruces); Xunta de Galicia (Xabier Senín). Secretario: Alberto A. Lugrís.

Fundación Plácido Castro

Galicia está na cola de España en gasto público por desempregado

Correo-e Imprimir PDF

O gasto das Administracións públicas en políticas de emprego (tanto activas como pasivas) ao longo do 2003 en Galicia ascendeu a 1.018 millóns de euros. A pesar de ser unha cantidade de diñeiro considerable, é a penúltima autonomia de España en investimento público por desempregado, segundo un informe elaborado por CC.OO. de Galicia. O gasto na comunidade galega é de 4.621 euros, fronte aos 6.711 da meia estatal. Asi, para equipararse ao resto do Estado, Galicia deberia dispor de 305 millóns de euros mais para políticas de emprego.

As diferenzas co resto das autonomias son espécialmente notórias no que se refere á taxa de cobertura por desemprego, é dicir, a que porcentaxe de parados cobran a emprestación. A comunidade galega é, despois de Asturias, a penúltima de España, con unha taxa do 48,4%. Unha cifra que contrasta co 60,6% da meia do Estado ou coa porcentaxe de desempregados que perciben a prestación en cocenpto de paro en outras autonomias como Valéncia (72,9%) ou Cataluña (82,8%), segundo os datos do Ministério de Traballo.

Chegan os Reis Magos

Correo-e Imprimir PDF

O segredo está a ponto de desvelarse. Dende fai algo máis de tres meses, os membros do grupo teatral A Festa Escénica traballaron a un ritmo de vertixe para facer realidade os soños de centos de nenos baioneses. O concello contratou aos seis membros desta compañia que ademais encárgase da Escola Municipal de Teatro e Títeres para construir as carrozas que hoxe empregarán os Reis Magos no sua percorrida pola vila. Onte daban os últimos retoques a estes vistosos veículos nunha nave industrial de Baíña, custodiados con absoluto celo para garantir o impacto e a surpresa entre os asistentes á Cabalgata.

  • A visita "real" a Baiona comezará , ás 17.00 horas
  • En Nigrán, a chegada dos Reis á casa consistorial será ás 18.00 horas.
  • Ã?s 18.30 horas acudirán a Gondomar

A festa do Equinocio

Correo-e Imprimir PDF

Son demasiado comuns os textos que relacionan o Yule pagano co Nadal e vice-versa. Polo tanto non nos vamos extender nese aspecto.

Son tamém bastante comuns as discusions sobre a orixe do Nadal nesta festa pagana. E tamém eso me parece mais ben irrelevante.

O Solticio de Inverno é un fenómeno natural, un ponto preciso na roda do ano. � o menor dia do ano, e por eso foi visto desde tempos imemoriais como un inicio.

Pero mais  que ser visto como tal, este dia é na realidade un inicio.

ESCULCA inaugura Web

Correo-e Imprimir PDF
EsCULcA (Observatório para a defensa dos direitos e liberdades) nasce con o propósito de contribuir a que a sociedade galega non se deixe gañar pola pasividade, que non se conforme con o papel de simples paciente da história a quen os poderes públicos conceden unha liberdade cada vez mais restrinxida. Desexa promover, pois a recuperación do interese polos asuntos públicos e o sentido da responsabilidade colectiva, coñecedora de que a indiferenza e o absentismo son o terreno mais propício para poderen surxir formas novas de totalitarismo e controlo anti-democrático.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL