O Centro de Iniciativas TurÃsticas do Val Miñor estará presente nestes dÃas en FITUR Madrid conxuntamente no pavillón de Galicia para amosar a oferta turÃstica que ofrece o noso Val Miñor.
A auga en Galicia non está só no mar, está tamén nas rÃas, nos mil rÃos de Cunqueiro, na chuvia, nos encoros, no termalismo, e mesmo nos mananciais que se estouran comercialmente. Por iso, a ConsellerÃa de Cultura, Comunicación Social e Turismo prepara a promoción turÃstica de Galicia durante o que quixeron denominar "o ano da auga".
O primeiro grande evento no que se porá de longo a oferta de Galicia será, como cada ano, Fitur, a Feira Internacional de Turismo que se celebrará en Madrid do 26 ó 30 deste mes. O dÃa 27 será o DÃa de Galicia, cuxos actos principais estarán presididos polo titular da Xunta de Galicia, Manuel Fraga.
O principal produto da mostra será a saÃda da Volvo Ocean Race 2005. Ademais de incidir nas posibilidades termais, e dos deportes náuticos, o pavillón de Galicia contará coa presenza dunha redeira tecendo redes, e un mariñeiro realizando nós que serán obsequiados ó público.
O DÃa de Galicia en Fitur será o próximo xoves 27. Ese mesmo dÃa presentarase Galicia como punto de partida da Volvo Ocean Race 2005 - 2006, nun acto que contará coa intervención do presidente da Xunta. Manuel Fraga tamén pronunciará un discurso institucional.
Na edición de 2004, Fitur contou con máis de 210.000 visitantes, dos que 100.195 eran profesionais. A superficie expositiva da feira alcanzou os 79.000 metros cadrados.