Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor

Val Miñor

Ferrol apoiará aos galegofalantes de Asturias, León e Zamora

Correo-e Imprimir PDF
© Copyright Xurxo LobatoO Concello de Ferrol vai establecer lazos de colaboración cultural permanente cos concellos de Asturias, León e Zamora nos que existen comunidades galegofalantes, coa intención de manter viva a lingua nos territorios nos que esta se conserva aínda fóra da comunidade autónoma.

Cumio Galego Portugués sobre Cooperación Internacional

Correo-e Imprimir PDF
IGADIO vindeiro 1 de outubro, o Hotel Talaso Atlántico, no municipio de Oia, acolle o encontro Portugal e Galicia : Cooperar na cooperación. Nesta  xornada,responsables políticos de municipios de Galicia e Portugal  efectuarán unha aproximación á realidade da cooperación internacional no ámbito local, compartirán experiencias e explorarán oportunidades conxuntas para o futuro. Trátase dun evento no que a cooperación municipal e as súas formas serán abordadas dende unha perspectiva na que os vinculos culturais existentes entre as dúas beiras do Miño poderán abrir.

A Garda Civil detén ao autor de vários furtos en moradas do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
Roubos no Val MiñorA Garda Civil detivo onte en Nigrán a un veciño de Vigo de 29 anos de idade acusado de ser o presunto autor de vários furtos cometidos durante os dous últimos meses en distintas casas de Nigrán e Gondomar. Trece son, até o momento, os casos que a Garda Civil considera esclarecidos a partir da deteción de J.S.D, que durante os últimos meses creara unha certa alarma social no entorno rural de varias parroquias.

Condenan á Xunta polos ruídos que causa a autoestrada do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Autopis do Val MiñorO Tribunal Superior afirma que non se adoptaron medidas para paliar o dano medioambiental
Unha veciña denunciou o impacto acústico que sofre polo paso dos coches.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou unha sentencia na que condena á Xunta a indemnizar con 8.777 euros a unha veciña de Gondomar polos ruídos que ten que soportar na súa propriedade como consecuencia da construcción e posta en marcha da autoestrada Puxeiros-Val Miñor, inaugurada en 1999.

Acto Presentación bigrafía de Lois Tobío

Correo-e Imprimir PDF

Lois TobioActo de presentación do libro biográfico Lois Tobío -O diplomático que quixo e soubo exercer de galego no mundo

Participan: Xosé Luis Franco Grande, escritor e membro da Real Academia Galega. Emilio Xosé �nsua, profesor e escritor. Xulio Ríos, autor da biografía de Lois Tobío. Lorenzo Pousa, presentador do acto.

Vigo acolle o encontro mundial sobre investigación mariña

Correo-e Imprimir PDF
ICES LogoRealizar unha diagnose do estado da investigación do medio mariño en todo o mundo é un dos obxectivos do nonaxésimo segundo Encontro Estatutario do Consello Internacional para a Exploración do Mar, ICES, que se celebra desde este domingo ata o día 29 de setembro en Vigo. Máis de 800 científicos de todo o mundo partciparán nas sesións para identificar as liñas de investigación mariña prioritarias para os vindeiros anos. Amais, entre o 22 e o 25 de setembro terá tamén lugar a Conferencia Científica Anual do ICES. Os encontros están organizados polo Centro Oceanográfico de Vigo.

O Tribunal Supremo anula o canon de saneamento da Xunta de tres anos

Correo-e Imprimir PDF

Revoca unha sentenza do Superior de Xustiza que daba a razón á Administración galega e validaba o decreto.
O Goberno galego non someteu o regulamento que o desarrolla ao Consello Consultivo

Adeus ao poeta Manuel María

Correo-e Imprimir PDF
"Un poema é un ser vivo que anda, respira, soña, chora, salouca, ama, berra, cintila e escurece, (...) E nunca morre". Foi a de Manuel María unha vida enteira de poemas dende a publicación daquel histórico 'Muiñeiro de Brétemas' no ano 1950. Moitos anos despois e malia ter dito que quería deixar a poesía con dignidade e que por iso non tiña pensado publicar máis versos, saía do prelo para satisfacción dos lectores e por insistencia dos amigos 'Brétemas do Muiñeiro', poemario inédito que o autor rematara había anos. A súa voz non parou de escoitarse os últimos anos en toda Galiza, coa presentación da súa 'Obra Poética Completa' e coa participación en actos da Plataforma Nunca Máis e Contra a Burla Negra, onde puidemos oír do seu "Escarnio contra os destragadores do mundo" a conta da marea negra do Prestige.

Galicia Verde baixo un ceo Negro

Correo-e Imprimir PDF

Central de As PontesAs Pontes contamina mais que todos os coches de Galicia xuntos.

Galicia é verde. A sua imaxe é o dun verxel sulcado de mil rios. Pero sobre este paraíso natural se ciernen mouras sombras. Unha dúcia de indústrias galegas atopanse entre as mais contaminantes de España e de Europa. Con elas, o verde ecolóxico se torna gris.

O Rexisto Europeo de Emisóns Contaminantes, creado por Bruselas, acaba de por cifras ao que ate agora eran sospeitas. Factorías químicas, térmicas, siderúrxicas ou cementeras repartidas pola comunidade están á cabeza de España en emisóns á atmosfeira de dióxido de carbono, óxidos de enxofre, óxidos nitrogenados ou compostos fluorados. Entre outros males, todos estes gases son os principais responsables do efeito invernadero e do troco climático.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL