Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Val Miñor colapsado polos coches

Val Miñor colapsado polos coches

Correo-e Imprimir PDF
As altas temperaturas e a afluencia de turistas non son os únicos efectos da chegada do verán na bisbarra miñorana. As conxestións de tráfico convértense en insoportables durante os meses de xullo e agosto, especialmente no entorno comercial de A Ramallosa. Fartos dos problemas que lles ocasiona o caos circulatorio e a falta de aparcamentos, vecños e comerciantes proferen ao Concello de Nigrán o uso da parcela na que se construirá o futuro parking subterráneo.

A través dun escrito, os comerciantes do centro A Romana, a xunta comercial do centro Século XXI, a Asociación de Empresarios do Val Miñor e a Asociación de Veciños A Unión da Ramallosa solicitan a adaptación do solar anexo á piscina municipal, enmarcado no Peri 5 como aparcamento temporal para residentes e clientes dos estabelecementos da zona. Todos eles consideran que dita explanada desconxestionar­á en grande medida a circulación e aportará unha importante bolsa de aparcamentos ate o mes de outubro, data en que se prevé iniciar a construcción do subterráneo.