Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Denuncian irrgularidades na concesión do novo parking da Ramallosa

Denuncian irrgularidades na concesión do novo parking da Ramallosa

Correo-e Imprimir PDF

A corporación de Nigrán adxudicou hai un ano cos votos do goberno a construción do aparcadoiro público da Ramallosa á empresa Estacionamentos Vale Miñor.

O alcalde, Alfredo Rodríguez Millares, afirmou nada máis producirse o acordo plenario que os traballos de construción comezarían de inmediato, pero 12 meses máis tarde, aínda non se colocou a primeira pedra desta obra.

O prego de condicións estima un prazo de 15 meses para iniciar a construción, polo que as obras terán que empezar antes de fin de ano para que non caduque a concesión.

O goberno local podería outorgar a licenza durante os próximos días, posto que o proxecto estivo recentemente en exposición pública e a tramitación está pendente do informe da consellería de Medio.

Alfredo Rodríguez deu a concesión a Estacionamentos Vale Miñor porque foi a única empresa que se presentou ao concurso público.

A escasa rendibilidade prevista para os primeiros anos de funcionamento-recoñecida polo propio alcalde nun pleno- contribuíu a que ningunha outra entidade aspirase a facerse coa adxudicación. Proba diso é que no concello veciño de Baiona, foron cinco as empresas que se mostraron interesadas na creación do aparcadoiro de 600 prazas no Aral Fontiñas.

Pero a empresa adxudicataria -cuxo responsable estaba entón relacionado co rexedor a través da directiva do Celta- conseguiu meses despois que o Concello aprobase unha ampliación do proxecto que permitirá facelo viable economicamente.

O futuro aparcadoiro disporá dun número aproximado de 300 prazas nunha das zonas máis céntricas do municipio de Nigrán. O prazo estimado de duración das obras será dun ano