Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán O novo aparcadoiro da Ramallosa abre sen licenza e con taxas non aprobadas

O novo aparcadoiro da Ramallosa abre sen licenza e con taxas non aprobadas

Correo-e Imprimir PDF
A licitación deste parking foi denunciado ante a fiscalía anticorrupción
O novo aparcadoiro subterráneo da Ramallosa empezou a funcionar con polémica. O goberno local enviou un requirimento aos responsables das instalacións recentemente construídas instándolles a que cumpran con todos os trámites. A empresa Estacionamentos Val Miñor xa quixo abrir as súas portas o pasado verán, pero o Concello non o autorizou ata que non estivesen finalizadas todas as obras.

Un parking cheo de polémicas 

O novo parking de Ramallosa non está exento de polémicas nos útlimos anos. A AVV de Nigrán denunciou no seu día as irrgularidades no proceso de licitación do aparcamento no que ás bases permitían un número de prazas inferior ao concedido finalmente á empresa licitada no proxecto.

Alfredo Rodríguez deu a concesión a Estacionamentos Valle Miñor porque foi a única empresa que se presentou ao concurso público.

A escasa rendibilidade prevista para os primeiros anos de funcionamento-recoñecida polo propio ex-alcalde nun pleno- contribuíu a que ningunha outra entidade aspirase a facerse coa adxudicación. Proba diso é que no concello veciño de Baiona, foron cinco as empresas que se mostraron interesadas na creación do aparcadoiro de 600 prazas no Aral Fontiñas.

Pero a empresa adxudicataria -cuxo responsable Ricardo Barros, estaba entón relacionado co rexedor a través da directiva do Celta- conseguiu meses despois que o concello e dirextamente o ex-alcade popular Alfredo Rodríguez e o indepentente e ex-concellal de infraestructuras Antonio Fernández, aprobasen unha ampliación do proxecto que permitirá facelo viable economicamente.

A falta de liquidez económica da empresa que iniciara as obras do parking tamén pasou por un punto crítico no que o concello se arriscaba a perder os terreos municipais do parkin xa que foran postos de abal para cubrir un crédito bancario solicitado pola empresa á entidade Caixanova.

 

Continúa na Voz de Galicia