Domingo, 15 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Val Miñor EU procura candidaturas de confluencia após a elección de alcaldables en Gondomar e Nigrán

EU procura candidaturas de confluencia após a elección de alcaldables en Gondomar e Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
josue-villar
jose cuevas
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

A ratificación de Josué Villar (Gondomar) e José Cuevas (Nigrán) como cabezas da agrupación e posibles alcaldables nas municipais de maio foron decisións tomadas nas asembleas locais de Esquerda Unida nesta semana. Ao mesmo tempo, ambos os dous candidatos quedaron mandatados ca fin de desenvolver un proceso de confluencia cara a acadar candidaturas unitarias de esquerda nos respectivos concellos.

“Nun posible contexto político local onde Podemos, BNG, ANOVA, Manifesto Val Miñor e Esquerda Unida se presenten por separado pensamos que só confundiríamos máis a xente e fragmentariamos o voto, favorecendo ao bipartidismo e os recortes sociais” sinalaba hai sete días Jimena Varela (EU-Gondomar). Nese senso adiantaba que EU “intensificará as conversas para acadar canto antes unha lista para as municipais, onde todos estos actores se sintan cómodos e fixen uns mínimos que permitan a creación dunha fronte popular real, que consiga gañar as eleccións no municipio”.

Preferencia pola formación dunha coalición de partidos

Afirma Varela que EU decántase pola formación dunha coalición de partidos “como única formula que garante o respecto ás diferentes formas de facer política e permite tamén fixar regras e acordos comúns”. Sen embargo non rexeita a posibilidade de conformar un partido instrumental, como o xa constituído polo Manifesto Miñor. “Estamos abertos a unha negociación constructiva, e non imos a pechar portas de cara a unha posible unión. O único innegociable é a elaboración dun programa de esquerda que priorice no social”, sinala.

Advirte que EU ten “os deberes feitos” pois xa cunta cun programa elaborado dende hai meses “con diferentes colectivos” e “todos aqueles que quixeron participar”.

“Agora, o seguinte obxectivo é ser máis ambiciosos e solidariamente co resto de forzas, traballar cara unha candidatura que ilusione, unha candidatura que gañe a alcaldía de Gondomar”.