-Os tres alcaldes populares do Val Miñor procurarán a reelección na vindeiras municipais.
Así queda confirmado trala publicación das candidaturas no boletín oficial da provincia desta xornada.Ademais, Jesús Vázquez Almuíña (Baiona), Fernando Guitián Guitián (Gondomar) e Alberto Valverde (Nigrán), aínda que con matices, confirman os equipos cos que gobernaron no mandato 2011-2015.
No caso de Gondomar e Nigrán o PP cambia os candidatos á tenencia de alcaldía trala ruptura en ambos casos dos concelleiros cos acompañaran en 2011. Eladio Costas en Gondomar e Ignacio Vilas en Nigrán, serán substituídos por Natalia Sofia Salgueiro Hermida e Alberto García Pazos, respectivamente. No caso de Salgueiro, volve formalmente ao PP tras romper en 2011 para formar a agrupación do CDL en Gondomar xunto co tamén agora retornado aos populares, José Ignacio Troncoso.
En Nigrán,a ademais do afastamento de Vilas, por razoes políticas, foron deixados fóra da candidatura os ex concelleiros José Álvarez (ex Vías e Obras) e Ana Rosa Costas Abalde (ex de Educación e Persoal), tras ser imputados pola xustiza .
A Xunta Electoral publica no Boletín da Provincia as candidaturas presentadas para as eleccións de locais 2015 nos tres concellos do Val Miñor. Un total de 4 (PP, PSOE, BNG, EU), en Baiona; 7 en Gondomar (PP, PSOE,BNG,ACGO,IXG,MM, GCA); e 6 en Nigrán (PP, PSOE,BNG, UCN,ACDG,NIGRÁN DECIDE).
A publicación inclúe as 7 candidaturas á Entidade Local de Morgadáns.