Venres, 6 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Arden máis de 700 hectáreas en Oia e o Rosal

Arden máis de 700 hectáreas en Oia e o Rosal

Correo-e Imprimir PDF

Avions descargando auga no incendio en Burgueira Foto via @euserbio

O lume devorou xa 700ha e segue fora de control e próximo ás casas.

Un incendio forestal aínda sen extinguir está a afectar ó concello de Oia, na media noite deste luns 26 de agosto. O lume que iniciouse a media tarde avanzou sobre as parroquias Loureza - Mougás e Burgueira en dirección Fornelos.

Ás 22:45 horas, a Xunta declaraba activado o Nivel 1 de alerta pola proximidade das lapas ao núcleo de Loureza. Nesta medianoite, Medio Rural informa que ten mobilizados na zona a 1 técnico e 7 axentes, 13 brigadistas, 13 motobombas, 4

 Fontes no lugar confirman a voracidade do lume que está fora de control onde xa leu por diante un alpendre dunha casa na parroquia de Loureza.

Os veciños viven con tensión rememorando os incendios de 2006 onde o lume foi contido coa axuda das brigadas de bombeiros de Portugal e o tesón das familias que fixeran quendas para tentar conter o lume. A falta de medios humanos e materiales para facer fronte ao lume volve a ser a crítica das familias e prodesionais que levan advertindo da actitude irresponsable das administracións no tocante ao recorte e precariedade nos servizos.

Feijoo referente á campaña de lumes deste verán "Va bien, pero no estamos tranquilos"

Alberto Núñez Feijóo, en resposta as preguntas sobre os datos de incendios en Galicia en 2013, sinalou que dende a Xunta son "optimistas" aínda que "la época de riesgo no terminó".   Adelantou que o próximo xoves darase o primer balance de incendios en Galicia, do que sinalou que "va bien".

Feijoo apunta que o 46 por ciento da masa forestal de toda España está en Galicia, "y por eso tenemos más posibilidades de resultar afectados por incendios", ao que hai que sumar que Galicia contouo "con muchos días de sol y con las temperaturas más altas de España".

Actualización 6:30h.

As brigadas retíranse logo de 14 horas combatindo o lume. A prioridade agora mesmo é salvar ás casas onde o lume xa chega aos muiños do Folón, Acevedo, O Rosal e incluso A Guarda. Pese a que a zona conta con numerosos efectivos da Garda Civil, parece que a caza dos incendiarios non ten suficiente éxito e outros "terroristas do lume" prendían fogo na cara oeste do monte de San Xián, na zona de costa. Abrindo outra fronte ao lado mesmo das das casas.

Os profesionais xa sinalan que a superficie queimada supera a do incendio de 2006, e que o vento de norte fai imposible conter o lume que ás dúas da madrugada levaba queimadas máis de 700ha, e afectaba xa ás parroquias de Loureza, Burgueira, Acevedo en dirección ao Rosal e A Guarda.

Dificil coordinación. "Aquilo é un puto cristo!"  

As unidades que interveñen agora mesmo na loita proveñen de distintos grupos e formacións contraincendios a nivel autonómico, público privado, público, militar, ... e dificulta a coordinación dun mando único na loita contra o lume. As BRIF, GES, UME, SEAGA, voluntarios de Protección Civil, bombeiros, coas súas correspondentes brigadas e formacións tiveron que coordinarse para afrontar o lume, nunha xornada onde os traballadores levan loitando entre 12 e 14 horas sen descanso e moitos casos sen alimento nin refrixerio o que pon tamén en risco a súa seguridade destes profesionais.

Dim lights Embed Embed this video on your site

VIDEO Brigadistas quedan cercados polo lume no incendio de Burgueira - Oia

A utlización dun único canal de comunicación interna tamén supuxo un perigo para os reténs que traballaban no lume. O canal de comunicación estaba continuamente ocupado entre los técnicos que impedían a comunicación das brigadas incluso en momentos de perigo no que varios vehículos quedaron cercados temporalmente polo lume nunha zona xa queimada. Finalmente os equipos de coordinación optaron pola creación de 3 canles divididas polas distintas zonas.

Outros dos problemas cos que se atoparon os brigadistas foi a falta de limpeza e mantemento das pistas forestais. Os vehículos rozaban directamente coa maleza algo que supón outro perigo engadido en caso de seren atrapados polo lume.

A conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, fixo acto de presencia no lugar do incendio, acompañada doutros cargos da consellería responsable, entre outros, da prevención e extinción dos lumes en Galicia.

Ás 6 da madrugada retirábanse a primeira quenda de profesionais que levaban 12- 14 horas no lume, quedando a BRIF e outras brigadas para defender exclusivamente ás casas. O monte xa se da por perdido e se o vento non da tregua o lume pode seguir avanzando durante varios días, no que xa sinalan no maior incendio do ano en Galicia e peor que o do tráxico 2006.

Galería de imaxes de @BRIFLaza e @antonestevez