Un incendio destrúe unha casa deshabitada en Baiona
Aínda non se coñecen as causas, pero si as consecuencias. Un incendio calcinou onte unha vivenda deshabitada, de tres pisos, en pleno centro de Baiona e mantivo en xaque aos servizos de urxencias despregados na zona. Efectivos do Grumir de Nigrán, co apoio da policía local de Baiona traballaron durante máis de hora e media para sufocar as chamas.
Continúa na Voz de Galicia