Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Convocan para este martes unha concentración contra a modificación da lei de aborto diante do MARCO.

Convocan para este martes unha concentración contra a modificación da lei de aborto diante do MARCO.

Correo-e Imprimir PDF
aborto-clandestino

As Mulleres da Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres fará unha nova concentración contra o proxecto gobernamental de restricións á lei de aborto. O acto terá lugar este martes 11 de agosto ás 19:00 horas diante do MARCO .

 

"Coñecedoras do talante conciliador que van a amosar os gobernos galego e español, polo clima propagandístico para as eleccións de outubro, as mulleres da Marcha non queremos que as súas alianzas ideolóxicas, elitistas e minoritarias, queden invisibilizadas para a maioría da cidadanía", manifestan na convocatoria lanzada a través das redes.

Afirman que "Por eso seguiremos nas rúas lendo, cantando e berrando ata que os nosos dereitos sexan dunha vez consolidados e inamobibles".