Luns, 17 Jun. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Falece a escritora Kristina Berg Casares, veciña do Val Miñor.

Falece a escritora Kristina Berg Casares, veciña do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
Kristina Berg, na Fundación Casares en marzo de 2012. Imaxe: Alberto Ramos by CC

A intelectual e escritora Kristina Berg Casares, viúva do escritor ourensá Carlos Casares, faleceu este martes en Vigo, segundo confirmou a Xunta de Galicia, que trasladou á familia e persoas próximas as súas condolencias. Veciña do Val Miñor, afincada en Vilariño, presidiu a Fundación Carlos Casares, e mantivo co seu home unha estreita relación coa bisbarra miñorana.

Tal e como recordou a Xunta, Kristina Berg foi "sempre unha muller de cultura e unha creadora" que, desde a súa Suecia natal chegou a Galicia para "construír unha gran obra cultural, literaria e humana á beira do seu marido, Carlos Casares". Da man de Casares e de Berg, Galicia recibiu "o legado dun patrimonio ético, cultural e humano", a través tanto da súa obra intelectual como dos seus fillos, Hakan e Christian Casares Berg.

O Instituto de Estudos Miñoranos, a través da súa Xunta de Goberno trasladou tamén as súas condolencias á familia Caseres-Berg, coa que mantivo unha rica relación cultural e de amizade.