Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Regresan as “Tertulias do Monterrey” no Pazo de Pías na Ramallosa.

Regresan as “Tertulias do Monterrey” no Pazo de Pías na Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF
Gonzalo Torrente Ballester

A Fundación Torrente Ballester, a Fundación Casares e o Concello de Nigrán levarán a cabo no Pazo de Pías de A Ramallosa, a “Tertulia do Monterrey”, mañá sábado ás 12 horas. Lembrarán aqueles improvisados faladoiros que hai anos reunía a Gonzalo Torrente Ballester, Carlos Cacares e Manuel Prego de Oliver, na cafetería baionesa que deu nome as Tertulias.

Co gallo de recuperar aquel espazo de encontro onde mesturábanse os mundo da ficción e a realidade cotián, Juan Pablo Torrente Sánchez-Guisande, Miguel Fernández Cid, Gustavo A. Garrido, Iglesias Viqueira, Manolo “O Ferreiro” e Carlos García, estarán presentes nesta primeira conversa.

O evento ten lugar como parte da exposición “Os mundos de GTB”, sobre a vida e obra de Gonzalo Torrente Ballester, aberta no Pazo de Pías, ata o 14 de novembro.