PSdG-PSOE de Nigrán
Dende o Partido Socialista queremos transmitir aos seus fillos e aos veciños e veciñas de Nigrán o máis sentido pésame polo falecemento de Kristina Berg. Nosa amiga e a nosa veciña de Vilariño de San Pedro da Ramallosa. De Nigrán.
Tal como afirmaba na monografía do IEM da primavera de 2003, "Kristina aportou á vida de Casares a beleza, a liberdade o aire puro, a paixón tola e sen fisuras, mesmo sen palabras. Casares para Kristina o foi todo".
Confesaba por entón Kristina que pensaba que Carlos, su home, ia volver en calquer momento dunha desas viaxes que o tiñan ausente por un tempo. Non poido ser e foi ela a que decidiu, consciente ou inconscientemente ir a buscalo nun día do verán de 2012.
Nigrán a 03 de xullo de 2012
Juan A. González
PSdG-PSOE Nigrán