Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Val Miñor Esquerda Unida presenta candidatos para Gondomar e Nigrán nas próximas Municipais 2011.

Esquerda Unida presenta candidatos para Gondomar e Nigrán nas próximas Municipais 2011.

Correo-e Imprimir PDF
Proclamación de candidatos de EU para a Área Metropolitana de Vigo

Josué Villar en Gondomar e mais Jacobo Galego en Nigrán serán os candidatos a alcaldes nos concellos miñoranos nas próximas eleccións municipais por Esquerda Unida. Ambos os dous foron oficialmente presentados conxuntamente cos cabezas de candidatura nos concellos de Vigo, encabezada por Rubén Pérez; concello de Ponteareas, X. Henrique González; Porriño, Roberto Alonso e As Neves, Carlos Álvarez.

O acto tivo lugar no auditorio Caixanova e agrupou aos militantes de tódala comarca. Con estas xa se duplicarían o número de candidaturas presentadas hai catro anos, anuncian dende EU. Está pendente de elección o cabeza de lista en Redondela e non se descarta a presentación dalgunha candidatura máis, informaron.

Para o acto de presentación contouse coa presenza da coordinadora nacional, Yolanda Díaz quen manifestou o apoio de EU á Folga Xeral do día 27. "No conxunto das intervencións salientouse a necesidade de organizar tamén nos concellos a resistencia contra a determinación do PSOE, PP e nacionalistas afíns, de quererlle facer pagar a crise á clase obreira, recortando prestacións en sanidade, ensino ou dependencia", informan os organizadores.