Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Esquerda Unida de Gondomar renovou a súa executiva local.

Esquerda Unida de Gondomar renovou a súa executiva local.

Correo-e Imprimir PDF
executiva eu

O pasado venres Esquerda Unida Gondomar reuniuse as 22:00 na casa da cultura de Gondomar para votar a nova executiva local.A proposta levada a cabo polo ex-coordinador local Delvino Magalhaes foi aprobada por maioría , dita proposta configura a estructura interna da organización da seguinte maneira: Josué Villar (Coordinador local),Jorge Carneiro (secretario), Álvaro Vázquez (organización) e Juan Lijó (Comunicación).

 

Segundo a nova executiva local, o obxectivo prioritario agora é medrar como organización, correxir os erros que se poideron cometer nestes dous primeiros anos de andaina política, e sobre todo "organizarnos para poder dotar a cidadanía dunha ferramenta política útil, próxima o sentir popular,e que poda ser a casa común da Esquerda en Gondomar." En palabras do novo coordinador, Josué Villar, pese a estar fóra do Pleno do Concello, "representamos a 424 votantes, aos que temos a obriga de garantir a defensa contínuada do programa levado a cabo nas eleccións de 2011, ademáis de construír o futuro programa cos colectivos veciñais e as diferentes asociacións".

Este martes, a executiva reunirase co alcalde Fernando Guitián para analizar a situación das diferentes propostas feitas por Esquerda Unida nos últimos meses como son: a instalación dun teléfono público na estación de autobuses, un billete único para poder viaxar de Gondomar a Baiona sen necesidade de facer transbordo na Ramallosa, ou a modificación da porcentaxe de firmas necesarias para que calqueira veciño poida presentar, avalado polas firmas dos seus conveciños, diferentes propostas ao Concello, e poder expoñelas e defendelas no pleno para ser votadas.

Villar expón tamén que ao "non haber representación de esquerdas no pleno municipal, está a producir unha parálise política en Gondomar importante: " Nese senso, opina ue as diferentes agrupacións que conforman o Pleno "non conseguiron todavía dar resposta o paro, que se sitúa xa en 1805 persoas. Dende Esquerda Unida pensamos que investir en xerar emprego é unha prioridade, sobre todo fomentando os proxectos cooperativos, que prioricen en xerar unha economía responsable co entorno do Val Miñor, incentivando as prácticas empresariais medioambientalmente sostibles e democráticas, con clara vocación social".

Nas vindeiras semanas a organización levará a cabo unha serie de xuntanzas cos colectivos sociais do municipio para a elaboración de varia liñas de traballo orientadas a desenrrolar alternativas económicas para os veciños parados, e a reivindicación conxunta dos mecanismos de democracia participativa necesarios para que o concello poda estar a vangarda dos mecanismo de participación cidadá en Galicia.

Por último, a organización fai un chamamento a afiliación e participación activa dos veciños e veciñas de Gondomar na agrupación, e pon a disposición dos interesados un número de teléfono e un mail de contacto: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo ,  tlf: 691417508.