Venres, 3 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar EU presenta candidaturas e programa de cara ao 20-N na Casa da Cultura de Gondomar.

EU presenta candidaturas e programa de cara ao 20-N na Casa da Cultura de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
ruben-perez-eu

Un novo mitin celebrarase en Gondomar no marco da campaña electoral para as eleccións xerais do 20 de novembro. Neste caso será Esquerda Unida a que presentará o seu programa político a través de Rubén Pérez, coordinador desta agrupación en Vigo e cabeza de lista pola provincia de Pontevedra ao Congreso. O acto terá lugar o vindeiro sábado 5 de novembro ás 20 horas na Casa da Cultura de Gondomar, na Rúa Manuel Alonso s/n.

Rubén Pérez, electo por unanimidade na última Convención Provincial de EU, estará acompañado por dos candidatos gondomareños, trátase de Nuria Andión (2ª da lista de EU Gondomar nas pasadas municipais), que ocupa o 6º lugar na lista de Pontevedra para o Congreso e o actual coordinador da agrupación no municipio, Delvino Domínguez, que irá 3º na lista do Senado.

O portavoz local, Delvino Domínguez salienta que " EU vai coas esperanzas de seguir crecendo, como se veu dando nas últimas municipais", en alusión aos máis de 400 votos obtidos que a falla de tan só 8 privaron a esta agrupación de conseguir un concelleiro na corporación. "EU ten a obriga de explicarlle á xente que hai outra alternativa a PP-PSOE, e que xuntos pódese conformar outra forma de facer política", opinou Domínguez. Nese senso, o voceiro de EU confía en que a súa proposta vai adquirir maior forza a nivel nacional " principalmente polo descontento social por culpa do paro, recortes en sanidade e educación, e un continuo atraso en dereitos dos traballadores, entre outras cousas."

O de Gondomar vai ser o primeiro acto político de EU no Val Miñor, e dende a agrupación informan que está pendente de confirmar outro en Baiona.

Spot de campaña de Esquerda Unida

Dim lights Embed Embed this video on your site