Xoves, 24 Maio. 2018

Actualizado11:03:00 AM GMT

Estás en Nigrán O Concello dá coñecer o programa de actividades que fornecerá o Nadal das parroquias de Nigrán.

O Concello dá coñecer o programa de actividades que fornecerá o Nadal das parroquias de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
208593

Papá Noel terá unha intensa actividade neste Nadal de Nigrán. O día xoves, percorrerá coa súa carroza os camiños de Chandebritos e surfeará cos seus amigos nos areais de Patos,. O sábado terá unha festa cos cativos en Panxón, bailará coa Rondalla de Parada polas rúas do municipio até a Ramallosa, e cantará cos coros de Prieuge, A Carrasca e Chandebrito. Finalmente o domingo participará da gran proba deportiva solidaria da San Silvestre.

ACTIVIDADES DO DÍA 24 AO 27 DE DECEMBRO
XOVES 24
CARROZA DE PAPÁ NOEL EN CHANDEBRITO
A Asociación de Mulleres Rurais de Chandebrito, coa colaboración do Concello de Nigrán, realiza o xoves a tradicional carroza de Papá Noel, que percorrerá toda a parroquia dende ás 15.00 horas ata aproximadamente as 19.00 horas.
PAPÁ NOELES SURFEIROS
O Concello de Nigrán, xunto a Prado Surf Club, realiza este xoves a partir das 12.00 horas na Praia de Patos a tradicional cita de "Papá Noeles Surfeiros". San Nicolás surfeará as olas con música ambiente ata aproximadamente as 14.00 horas.
SÁBADO 26
FESTA INFANTIL DE NADAL NO PAVILLÓN
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, organiza o sábado 26 a partir das 16.30 horas no Pavillón Municipal de Panxón unha festa infantil de Nadal que inclúe inchables, diferentes obradoiros, animación...
RONDALLA DE PANXÓN A RAMALLOSA
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, programa a actuación da Rondalla de Parada hoxe polas rúas do municipio. Esta partirá ás 16.30 horas de Panxón para chegar aproximadamente ás 17.30 horas a Ramallosa.
CONCERTO SOLIDARIO DE NADAL
O Concello de Nigrán, dentro da súa programación especial de Nadal, programa o sábado ás 20.00 horas no Auditorio Municipal un 'Concerto Solidario de Nadal' coas corais 'Stella Maris' de Priegue, 'Ecos do Castelo' de Bolos da Carrasca e a 'Coral de Chandebrito'. A entrada é de balde pero rógase aos asistentes acudir con 1 kg de alimentos non perecedeiros, roupa ou un xoguete co fin de que Asuntos Sociais os distribúa entre as familias máis desfavorecidas.
DOMINGO 27
I SAN SILVESTRE SOLIDARIA
O Concello de Nigrán, xunto ao Club Baloncesto Nigrán, Sociedade Atlética Val Miñor, Peña Ciclista Val Miñor, Serviocio e Dandocancha organizan por primeira vez a tradicional cita deportiva de fin de ano 'San Silvestre', que terá lugar durante toda a mañá do domingo. Esta inclúe proba de BTT (25km), andaina de 15 km, 600 metros de natación, carreira infantil e de adultos (8 km) e baloncesto durante todo o día no pavillón. A saída e chegada das probas será o pavillón de deportes de Panxón (en natación dende a praia á altura desta instalación) e terá Praia América como gran protagonista porque todas discorren por ela. Así, a xornada arrancará con BTT ás 9.00 horas que, cun percorrido de 25 km, pasa por Camos, Chandebrito ou o río Muíños. A continuación, ás 9.30 horas, partirá unha andaina de 15 km por toda a costa de Nigrán. Xa ás 11.00 horas comeza a proba estrela da 'San Silvestre', a carreira de adultos, que en 8 km percorre Praia América, chega ata Ramallosa e retorna (os infantís, 600 metros menores de 6 anos e 1,2 km entre 7 e 12 anos, saen ás 12.000 e 12.15 horas respectivamente). Finalmente, ás 12.30 horas, terá lugar a proba de natación en mar aberto, que consta de 600 metros nun percorrido rectangular fronte o pavillón. Ademáis, durante toda a mañá haberá partidos de baloncesto.