Martes, 20 Feb. 2018

Actualizado12:46:23 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Tráfico detecta 70 condutores alcoholizados ou drogados no primeiro control do Nadal na provincia de Pontevedra.

Tráfico detecta 70 condutores alcoholizados ou drogados no primeiro control do Nadal na provincia de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF
reten garda civil

En total 70 condutores deron positivo nos controis de consumo de alcohol e drogas desenvolvidos na provincia durante a madrugada do domingo. A Garda Civil, desenvolveu un total de 1205 probas nas estradas provincias, sendo o saldo de 25 positivos por drogas e 45 por alcohol segundo datos do corpo de seguridade.

Dos 45 condutores que deron positivo, a 43 denuncióuselles por vía administrativa, mentres que aos 2 restantes instruíronselles dilixencias para o seu posterior traslado á autoridade xudicial por superar a taxa de 0,60 mg/l en aire espirado.

As penalizacións nestes casos poden chegar aos 1,000 euros e a quita de 6 puntos.

O operativo tivo lugar sobre as 6 a.m. do pasado domingo, dentro dunha campaña especial de vixilancia desenvolvida por Tráfico, no marco da tempada de comidas e cenas do Nadal. O obxectivo do opertaivo é quitar da rede viara a condutores bebidos ou que teñan consumido drogas.