Luns, 14 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Os veciños de Nigrán mobilízanse contra a nova autovía do Plan Xeral

Os veciños de Nigrán mobilízanse contra a nova autovía do Plan Xeral

Correo-e Imprimir PDF
Plataforma en Facebook contraria ao vial

A asociación de veciños de Nigrán mobiliza á veciñanza para asistir a unha reunión informativa aberta o próximo martes ás 20:30 no local da asociación no camiño do labrego no Ceán.

A reunión contará coa asistencia de varios técnicos e xuristas que informarán da situación desta vía de alta capacidade trazada polo goberno municipal no actual Plan Xeral e que actualmente se atopa en período de alegacións e a exposición pública ate o mes de outubro.

O novo vial trazado polo actual goberno municipal no plan xeral aprobado inicialmente o pasado mes de xuño, conleva unha gran afección patrimonial a multitude de veciños que ainda non foron informados e polo tanto descoñecen a situación. O vial tiraría ducias de casas, e deixa fóra de ordenación a outras tantas, nun trazado que non conta con ningún tipo de respaldo orzamentario nin xustificación técnica, e que suporá unha afección patrimonial para moitas familias.

O trazado discorre dende Saiáns, e viría a entroncar coa antiga ronda de Vigo, que foi eliminada do Plan Xeral de Vigo, e que polo tanto actualmente non tería continuidade. O vial baixaría polos barrios de Priegue, Navas , A Mámoa, Baleazas, O Pombal, A Nogueira, A Telleira, Lagoiña, Porto do Molle, Camesella, Igrexa, A Xesteira e A Xunqueira en San Pedro.

As zonas dos Abetos e As Angustias tamén sufrián o "pau do alquitran", onde numerosas casas quedan afectadas. Un novo vial partirá dende os Abetos ata a curva das Angustias e continuará pola Rúa dos Pazos, afectando a varias casas e mesmo aos propios muros do pazo de Urzáiz e Cea, entroncando á altura do cruce da Nogueira co vial transversal Saiáns - Porto do Molle..

Vial do Vigo Íntegra.

Pese a que a idea e os esbozos do proxecto ían parellos á polémica ronda de Vigo ou Ronda de Coruxo, o citado vial aparece como tal  noutro polémico plan sectorial de estradas realizado polo bipartito da Xunta no mandato de Pérez Touriño e María Xosé Caride como cabeza da consellería competente nesta materia. O trazado discurría dende Saiáns até Porto do Molle. No ano 2008 todos os grupos políticos amosaron a súa disconformidade co citado documento. O goberno municipal presentou alegacións ao citado vial, así como numerosas asociacións veciñais e colectivos ecoloxistas. 

Valverde alegou en contra do mesmo vial que introduce no novo plan xeral e que mesmo amplía.

O Partido Popular de Nigrán liderado polo entón candidato á alcaldía, Alberto Valverde, criticou duramente o trazado e o proxecto. Así nas súas alegacións indicaba  o seguinte:

“La desprotección, la manipulación y fundamentalmente la desinformación a la que nos vemos sometidos los vecinos y vecinas de Nigrán por el “sometimiento” que existe por parte del gobierno municipal de Nigrán a las directrices macadas desde la Xunta de Galicia, dejando por tanto de lado la defensa de los intereses de Nigrán, también nos ha incentivado para presentar estas alegaciones. Desde la concejalía de urbanismo del ayuntamiento de Nigrán, en la persona de su concejal responsable, el señor Juan González, se ha evidenciado un desconocimiento importante sobre las actuaciones que se van a realizar y sobre la documentación existente” (….). “La memoria del Plan Viario Integral Área de Vigo define el tramo Balsa – Saians – Porto do Molle, como una autovía urbana con 2 calzadas de 7 metros. Esta Autovía urbana no soluciona los problemas actuales internos y de interconexión con los ayuntamientos limítrofes del Val Miñor por su limitada accesibilidad a esta vía a su paso por nuestro municipio. La solución de estos problemas de intercomunicación especialmente con los ayuntamientos que componen el Val Miñor, parte de la liberalización del peaje de la AG 57N, para establecer una auténtica circunvalación, libre de peaje, entre los municipios de Nigrán, Gondomar y Baiona.”

“El tramo Balsa – Saians – Porto do Molle supone una división física real de las parroquias de Priegue y de Nigrán, y por tanto del municipio de Nigrán”

O incurmprimento dun acordo plenario

O rexeitamento deste trazado quedou recollido na celebración dun pleno extraordinario o 29 de xullo de 2010 onde os partidos políticos comprometéronse en sesión plenaria a rexeitar o trazado de calquer viario no PXOM, sen un estudo de mobilidade previo que estudiase correctamente as necesidades de transporte e mobilidade do concello. Valverde sinalaba nese pleno que "O fundamento técnico neste aspecto é básico, dexiando fóra as posicións políticas."  en relación á solicitude de realización dese estudo de mobilidade. Así na votación sobre o punto 3 refeiro á eliminación do vial Balsa Saiáns Porto do Molle, o actual alcalde manifestaba que: "Será o necesario plan de mobilidade o que defina as necesidades, entre elas a deste vial."

O incumprimento no PXOM

Os acordos aportados polo consello sectorial e ratificados nesa sesión plenaria por todos os grupos políticos, foron recollidos nos primeiros borradores do PXOM e así figuran na memoria de tramitación, onde o propio equipo redactor sinala o compromiso da eliminación do vial no Documento de avance. Neste punto tamén sinalan á necesidade de contratar un estudio de mobilidade para realizar calquera proposta viaria. Puntos que finalmente non foron recollidos no documemto aprobado inicialmente o pasado mes de xuño.

Un imperativo da Xunta.

O alcalde de Nigrán manifestou en diversas comparecencias sobre o PXOM que o trazado dese vial era un imperativo da Xunta, pese a recoñecer públicamente descoñecer as necesidades técnicas que o xustifican e desmarcándose da súa postura incial contraria de plano ao citado vial.  Deste xeito manifestaba públicamente que o vial estaba ainda sen definir, pero tranquilizaba aos presente sinalando  que era un vial con "vocación urbana" e que iso sería algo polo que tería "que pelexar o alcalde de turno no seu momento", recoñecendo por outro lado que non existe ningún documento con este compromiso, tendo que agarrarse á súa "palabra de alcade".

A "vocación urbana" do vial, tamén queda en entredito xa que o propio documento do PXOM aprobado, especifica claramente que se trata de un vial de altas prestacións con tramos de 2 e ata 4 carrís e cun custe aproximado de 30. millóns de euros, mesmo sinala o valor de expropiación que rondaría entre os 300 e 900 euros por metro lineal expropiado.

Dito imperativo da Xunta viría condicionado ao Plan Move, un suposto plan sectorial de infraestructuras que non pasou ainda de ser un borrador e unha declaración de intencións, pese a que o logotipo adornan obras como a do carril bici da P0.325, pero que non conta con dotación nin compromiso orzamentario nin desarrollo técnico dos plans descritos, algo que segundo sinalan moitos é a clave para que o goberno municipal rexeitase este trazado de plano, polo que o interprentan como un dobregamento ante o seu propio partido e a falta ao seu compromiso de defender o interese xeral dos seus veciños por encima de "posicións políticas" e á súa propia palabra.

Vídeo do trazado do vial por Nigrán da páxina de Facebook "Non ao vial - Nigrán univo e non dividido"

Dim lights Embed Embed this video on your site