Un centenar de coches pediron onte en caravana a retirada do vial trazado no plan xeral de urbanismo.
A caravana partiu dende o Torreiro de Priegue pasadas ás 17horas, e finalizou duas horas máis tarde diante do Concello.
Centos de coches ocuparon onte un treito de 1,5 km en caravana para facer visible a súa protesta e o seu malestar pola decisión do concello de trazar un vial de alta capacidade que afecta a 37 familias segundo os datos da plataforma.
Afectados e veciños fixeron o percorrido de protesta dende Priegue, pasando por unhas concorridas praias de Patos, Madorra, Panxón e Praia América onde os viandante miraban desconcertados o balbordo da caravana. Os manifestantes aproveitaron a marcha para repartir información sobre os motivos da protesta.
A marcha continuou até Ramallosa e Maión para rematar diante do concello onde as familias deron lectura a un manifesto.
Os veciños esixiron novamente onte a procura de alternativas a este trazado enfocadas ao aproveitamente das infraestruturas existentes, a liberalización da peaxe da AG57 para convertila nunha auténtica vía de circunvlación que vertebre as comunicacións do Val Miñor e das conexións coa área metropolitana. Así mesmo pediron a mellora do transporte público actual .
A marcha atrás de Valverde.
Os afectados mafestaron sentirse cautos ante a noticia da previsible retirada do vial do actual PXOM en trámite. "mantémonos cautos e non aceptaremos ningún compromiso político que non estea reflexado nun documento oficial. Non cesaremos a nosa protesta até que o vial sexa eliminado do PXOM e de calquera plan supramunicipal."
"A pesar de que o alcalde informou en numerosas ocasións de que se trataba dunha imposición da Xunta de Galicia, o certo é que a nivel autonómico non existe ningún documento que obrigue a incluílo no PXOM polo que o goberno municipal é o único responsable desta decisión someténdose ós desexos do Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras. O propio Alberto Valverde, cando estaba na oposición criticou duramente este vial e mesmo presentou alegacións contra o mesmo." sinalanan.
"Que o alcalde quera retiralo agora e teña dúbidas do trazado, non ven máis que a demostrar que a decisión de incluílo foi única e exclusivamente do goberno local e que nas súas mans estivo sempre o evitar este drama social" Manifestan que a marcha atrás do rexedor, pon de manifesto a falta de seguridade e a improvisación que existe respecto do trazado. "Se este vial é tan maravilloso como dice, e non expropia ningunha casa como é que antonte o rexeitaba, onte o defendía e agora o elimina?".
O alcalde de Nigrán fala de "fracaso", e os veciños critican o menosprecio ás familias afectadas.
O alcalde de Nigrán declarou onte ao Faro de Vigo como un "fracaso de convocatoria" e segue insistindo na estratexia de instrumentalizar políticamente a protesta cidadá, algo que xa foi respondido en varias ocasións dende a plataforma dos afectados.
Os veciños responden que o alcalde "sigue menospreciando y subestimamdo a las familias. Ayer éramos un centenar de coches, pero aunque fuéramos tres, el problema está ahí y tiene obligación de mantener un respeto a las familias. Esto no es una broma. Pretende manipular a este colectivo con su cambalache político, que ni nos va ni nos viene, pero sigue siendo incapaz a día de hoy de defender sus propias decisiones y sus propios compromisos con los ciudadanos. Aún no ha aportado ni un solo dato técnico, objetivo y riguroso que justifique este vial. No es serio."
Pleno extraordinario
Ainda que o goberno muncipal garda silencio respecto da data da convocatoria do pleno extraordinario onde se vai tratar este tema, os veciños convidaron onte a sistir o próximo xoves pola mañá, xa que con toda seguridade será convocado 48 horas antes, como atoneceu co pleno extraordinario de aprobación do PXOM.
Recolla de sinaturas.
Os veciños seguen recollendo sinaturas en papel e recabando apoios na plataforma Change.org
Dim lights Embed Embed this video on your site