Xoves, 22 Oct. 2020

Actualizado03:05:36 PM GMT

Estás en Nigrán A policía local de Nigrán identifica a sete persoas involucradas nas desfeitas nocturnas da Ramallosa.

A policía local de Nigrán identifica a sete persoas involucradas nas desfeitas nocturnas da Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF
Destrozos

A policía local de Nigrán identificou o pasado sábado a sete persoas responsables das últimas desfeitas na contorna da Ramallosa "por alteracións na orde pública e desfeitas no mobiliario público e privado", comunicou a alcaldía de Nigrán. O rexeder e responsable de Seguridade e Tráfico do Concello, Alberto Valverde, asegura estar erradicando os problemas que desde fai meses padecen os veciños e veciñas da contorna da Ramallosa, "grazas á incorporación da quenda de noite da policía local."

O pasado fin de semana saldouse coa identificación de sete mozos, seis deles veciños de Vigo e un de Moaña, responsables de alteracións da orde pública e desfeitas no mobiliario público e privado na contorna da Ramallosa. Segundo o comunicado público municipal os sucesos máis graves foron realizados por D.B.A., veciño de Vigo, que foi interceptado polos axentes mentres esnaquizaba a porta de entrada de cristal dun edificio da zona, e por P.C.L., tamén natural de Vigo, por romper e intentar arrincar unha árbore na Avda. Manuel Lemos. Berros, improperios e cantos a altas horas da madrugada en marcado estado de embriaguez foron outras das causas que motivaron o resto das identificacións.

A policía local trasladou estas identificacións á subdelegación do goberno para que proceda á tramitación das sancións pertinentes. O alcalde manifestou que as identificacións "como as do pasado sábado son moi importantes para ir aos poucos reducindo este tipo de accións por parte dos mozos" agregou que "tendo en conta a evolución dos sucesos desde que se puxo en marcha a quenda de noite da policía local, estou convencido de que conseguiremos eliminar os problemas e molestias nesta zona antes de que finalice o verán", afirmou. Neste sentido, advirte que manter a quenda de noite ao longo do ano será vital, polo que o novo goberno non deixará de traballar ata conseguilo.

Dim lights Embed Embed this video on your site