Xoves, 22 Oct. 2020

Actualizado03:05:36 PM GMT

Estás en Nigrán Arrincado de árbores, vandalismo e roturas durante a fin de semana na Ramallosa.

Arrincado de árbores, vandalismo e roturas durante a fin de semana na Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF
As árbores arrincadas continúan tiradas na Ramallosa a última hora desta tarde, ademáis de unha sinal de tráfico tamén arrincada e tirada na isleta
Fotografía remitida polo PSOE das árbores tronzadas na Rúa Camiño da Cabreira en Ramallosa
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O PSOE denuncia desfeitas na Ramallosa e advirten incumprimento das promesas de seguridade feitas polo alcalde Alberto Valverde.

O concelleiro Juan González do PSOE Nigrán denunciou desfeitas na Ramallosa atopadas o domingo 31 de xullo, despois "dunha noite de vandalismo". "Árbores arrincados e rotos, papeleiras destrozadas, cristais e lixo enchendo as rúas humanizadas polo goberno do Partido Socialista", son as desfeitas denunciadas polo ex concelleiro de Urbanismo durante o pasado mandato de Efrén Juanes.

Os socialistas advirten que a humanización de A Ramallosa "corre serio perigo, as árbores a día 1 de agosto continúan arrincados e tirados pola rúa", afirman. O portavoz do PSOE expresa nun escrito que " esiximos que de xeito inmediato o Alcalde e Concelleiro de Seguridade de explicacións claras e contundentes sobre as actividades da policía local (lembramos que hai máis de 30 efectivos) e ao concelleiro de vías e obras que de xeito urxente se achegue pola Ramallosa para restaurar e recuperar un espazo que tanto lle custou a administración, e aos veciños de Nigrán, humanizar."