A situación das praias e á seguridade pública son temas de permanente debate na corporación de Nigrán. Esta semana novamente populares e socialistas cruzaron acusacións sobre estes puntos. Alberto Valverde, candidato do PP Nigrán asegurou que o concello está "pragado de chapuzas del gobierno local". Como proba da súa denuncia, os populares amosan unha fotografía do paseo de Panxón, na que falla parte da varanda metálica do mesmo e no seu lugar foron colocadas cordas e envases plásticos. Pola súa banda, Juan González, concelleiro de Urbanismo e candidato socialista, asegurou que os traballos de remodelación do paseo e todo o litoral de Nigrán xa se están a desenvolver en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente. Tamén dixo que a imaxe que amosan os populares na súa denuncia e "atemporal" pois a zona que mostra a fotografía xa está en recuperación.
Tamén os actos de vandalismo na última fin de semana reavivaron os reclamos pola seguridade pública. Nese tema Valverde asegurou que "la situación ha llegado al límite y se deben tomar decisiones para solucionar algo que lamentablemente se ha convertido en habitual". O candidato popular reclamou que a Xunta Local de Seguridade afronte con seriedade o problema.