Mércores, 11 Dec. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Gondomar Manifesto Miñor presentará ao pleno medidas solidarias para acoller refuxiados en #Gondomar.

Manifesto Miñor presentará ao pleno medidas solidarias para acoller refuxiados en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
refugiados-680x365 c

 Sostén que estase ante unha catástrofe humanitaria que se está a vivir nas fronteiras europeas. A edil Rocío Cambra, responsable de Benestar Social de Gondomar presentará unha moción ao pleno co xeito de preparar o concello ante a posible acollida de refuxiados. Nese senso propón adherir a Gondomar á Rede de Cidades e Concellos Refuxio, preparar un rexistro de familias voluntarias para a acollida destas persoas e convocar a entidades sociais que poidan colaborar solidariamente.

As medidas de protección para estas persoas que fuxen da guerra serán presentadas no vindeiro pleno do 17 de setembro. O acordo a votar pola corporación acolle os seguintes puntos:

1°._ Acordamos adherirnos á Rede de Cidades e Concellos Refuxio, como xa fixeron máis de 55 cidades do Estado Español (Barcelona, Madrid, Valencia ou A Coruña, entre outras), mobilizando tódolos recursos (institucionais e sociais) dispoñibles, ademáis dos inmobles municipáis (se os houber) que reúnan as condicións para esta acollida.

2°._ Facilitar un rexistro de persoas e/ou familias que estean dispostas á acollida (un rexistro que se conformará unha vez feito o corespondente chamado ao efecto) como xa fixeron noutros concellos próximos ao ao noso, como é o caso de Cangas.

3°._ Co fin de dinamizar e implicar á cidadanía neste cometido, serán convocadas con carácter urxente a unha reunión todas as plataformas sociais, ONG's, asociacións (veciñais, ANP AS, etc.) e calquera outra entidad e cívica, disposta a colaborar e a paliar esta situación extrema que se está a vivir en Europa.

A edil Rocío Cambra, responsable da Concellería de Benestar Social Gondomar sostén que o goberno debe procurare un Concello solidario “ao que ningunha traxedia humana nos pode ser allea”, polo que solicita o apoio unánime da Corporación Municipal para esta proposta.