Martes, 30 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Prenden lume 30 hectáreas da Serra do Galiñeiro

Prenden lume 30 hectáreas da Serra do Galiñeiro

Correo-e Imprimir PDF
lume galinheiro

-O lume iniciouse sobre a 1:30 horas da madrugada deste sábado na parroquia de Vincios Gondomar.
Medio centenar de brigadistas asistidos por dous hidroavións, dous helicóptero e palas mecánicas intentan controlar un incendio na Serra do Galiñeiro que se iniciou pasada a medianoite. O lume sitúase principalmente nunha zona rochosa, aínda que xa afectou a algúns espazos forestais próximos aos barrios de Brandufe e Piñeiros, na parroquia de Vincios en Gondomar.

O combate aéreo do lume ten por base o embalse de Zamáns, onde cargan os helicópteros, mentres que os hidroavións percorren o Val Miñor cargados de auga de mar que descargan na serra.