Sábado, 27 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Brigadas e helicópteros combaten un incendio na parroquia de Santa Baia de Donas, Gondomar.

Brigadas e helicópteros combaten un incendio na parroquia de Santa Baia de Donas, Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
lume-donas

-O lume ten lugar a pouca distancia do Castro da Pedra Moura, onde se atopa o espazo castrexo musealizado.

-Actualización : 20 horas. Controlado o lume na parroquia de Santa Baia de Donas. De momento sen estimación da superficie afectada polo lume.

-Actualización: 19 horas. O lume sigue activo e Medio Rural mobiliza para o combate do incendio a dous axentes forestais, nove brigadas, tres motobombas e unha pala. Tamén dende o aire cinco helicópteros e un avión. Outras axencias tamén achegaron persoal ao lugar como Semprona, Protección Civil, Garda Civil e Policía Local de Gondomar para tarefas de auxilio e asistencia.

Unha gran columna de fume abrangue os barrios da Barcalla e O Mosterio na parroquia de Santa Baia de Donas. O incendio deu comezo pasadas as 17:15 horas, e atópanse traballando no se combate, tres helicópteros e dúas brigadas.

Trátase do quinto lume que ten lugar nas bisbarra tras os incendios de diversa entidade que afectaron nestes días Oia, Couso, Mañufe e Vincios.