Luns, 6 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar 60 rapaces de Gondomar clausuran o GONDOVERÁN

60 rapaces de Gondomar clausuran o GONDOVERÁN

Correo-e Imprimir PDF
gondoveran-2
gondoveran-1
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

O alcalde de Gondomar, Fernando Guitián, e a concelleira de Igualdade, Patricia Durán, clausuraron esta mañá no CEIP Chano Piñeiro o GONDOVERÁN, o campamento de lecer e tempo libre no que participaron 60 rapaces e rapazas durante todo o mes de xullo.

 

Entre as actividades realizadas, os nenos e nenas achegáronse a unha panadería local para coñecer o proceso de elaboración do pan e visitaron o tear tradicional do mestre artesán Albino. Os participantes de GONDOVERÁN tamén se desprazaron ao Pazo do Conde de Gondamar, onde descubriron da man do arquitecto Antonio Soliño as antigas entradas do edificio, a importancia dos xardíns, o Patio de Armas e o escudo da fachada, e á réplica da carabela A Pinta.

A actividade complementouse con talleres de reciclaxe e representacións teatrais. O campamento organizado polo Concello tamén recibiu a visita da campaña da Consellaría do Mar 'Ponlle as pilas ao teu bocata', coa que se pretende amosarlle aos menores as potencialidades dos produtos en conserva.

A concelleira de Igualdade, Patricia Durán, manifestou o seu agradecemento ao CEIP Chano Piñeiro, por brindar as súas instalacións para o desenvolvemento do campamento, así como ao Conde de Gondomar, a panadería Copena, ao artesán Albino e a todos os que participaron e fixeron posible esta edición do GONDOVERÁN