Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Ata o 12 de xuño hai tempo para inscribirse no campamento de verán do Concello de Gondomar.

Ata o 12 de xuño hai tempo para inscribirse no campamento de verán do Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
chano-pineiro-campamento

Ata o 12 de xuño hai tempo para inscribir aos cativos de entre 3 e 12 anos no "Gondoverán" organizado pola Concellería de Igualdade de Gondomar. O campamento que se desenvolverá nas instalacións do colexio Chano Piñeiro, ten un límite de 70 prazas, destinadas a fillas e fillos de traballadores de Gondomar. A actividade desenvolverase durante todo o mes de xullo.

 

Segundo informou a concelleira de Igualdade, Patricia Durán, o campamento contará cunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables. Por outra banda, salientou que o seu obxectivo é o de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo para as familias traballadoras do concello que poderán contar con este servizo.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 1 ao 12 de xuño e faranse no Rexistro Xeral do Concello de Gondomar. A Concellería de Igualdade informou que en caso de quedar prazas serán admitidos nenos doutros concellos, con preferencia de aqueles cuxos proxenitores sexan traballadores no municipio de Gondomar.

O campamento está cofinanciado polos fondos da Xunta de Galicia a través da Secretaría de Igualdade e do Fondo Social Europeo. Os interesados poderán obter maior información no Centro de Información ás Mulleres, na Casa da Cultura de Gondomar, no teléfono 986360224 ou no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo