Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Gondomar ofrece 70 prazas para un campamento infantil no mes de xuño.

Gondomar ofrece 70 prazas para un campamento infantil no mes de xuño.

Correo-e Imprimir PDF

A Concellería de Igualdade de Gondomar, e a través do Centro de Información á Muller, anunciou a posta en marcha de "Gondoverán". A iniciativa propón un campamento de lecer e tempo libre para cativos, fillos de persoas en activo ( por conta propia ou allea), co obxectivo de favorecer " a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo", segundo información do CIM Gondomar. As inscrición para 70 prazas se ábrense o vindeiro martes 1 de xuño ata o día 12 do mesmo mes.

 

O campamento desenvolverase con sede no CEIP Chano Piñeiro. Nel terá lugar unha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.

Contarase con 70 prazas para rapaces e rapazas que teñan o seu empadroamento no Concello de Gondomar nacidos entre os anos 2000 (non poderán facer 13 anos antes da finalización do campamento) e 2009 (deberán ter feitos 3 anos ao inicio do campamento) e cuxos proxenitores sexan persoas traballadoras en activo (por conta allea ou propia).

En caso de quedar prazas serán admitidos doutros concellos, con preferencia de aqueles cuxos proxenitores sexan traballadores no municipio de Gondomar.

O prazo para a presentación de solicitudes será do 1 ao 12 de xuño e faranse no Rexistro Xeral do Concello de Gondomar.

O campamento está co-financiado polos fondos da Xunta de Galicia a través da Secretaría de Igualdade e do Fondo Social Europeo. Os interesados poderanse dirixir ao Centro de Información ás Mulleres sito na Casa da Cultura de Gondomar, no teléfono 986 360 224 ou en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

.