Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Para o BNG o goberno de Guitián aínda non amosa diferenzas co anterior ao cumprir 100 días de goberno.

Para o BNG o goberno de Guitián aínda non amosa diferenzas co anterior ao cumprir 100 días de goberno.

Correo-e Imprimir PDF
Os 100 primeiros días do rexedor Fernando Gutián, non amosan cambios co do anterior mandato para o BNG.

O BNG provoca un pleno extraordinario para tratar o PXOM en outubro e cualifica de faltos de sensibilidade social os 100 primeiros días do goberno de Fernando Guitián. Os nacionalistas entenden que o actual goberno muncipal cun terzo dos seus membros identificados co anteriror mandato, aínda non amosou elementos diferenciadores coa anterior xestión muncipal. Nese sentido denuncia que se seguen perdendo subvencións e pagando facturas con reparos da intervención municipal. Como xa o fixeran no útlimo pleno da corporación, denunciaron en rolda de prensa, a situación da policía local que ten que cumprir as súas tarefas nun vehículo camuflado, fóra do ordenamento legal á vez que acusan que as axudas escolares concedidas a 57 familias das 140 que se presentaran á convocatoria, foron realizadas a través dun sistema de puntuación onde segundo consta na acta de resolución “non queda xustificado a puntuación obtida por cada candidato”.

“Ao señor Guitián gústalle repetir que el está no goberno como se xestionase unha empresa privada e os veciños e veciñas son o seus clientes. Para seguir co seu simil, se isto fose así, o señor Guitián estaría xa despedido por falla de xestión e eficiacia.” Así sintetiza Pauliño del Río, voceiro do BNG Gondomar a opinión dos nacionalistas sobre os primeiros 100 días de xestión municipal do alcalde popular Fernando Guitián. Opacidade no tratamento do Plan Xeral de Ordenamento Municipal, suba desmesurada das taxas municipais e pagamento de facturas con informes desfavorables da Intervención son algunhas das acusacións que o equipo de concelleiros do Bloque formula nun análisis detallado das distintas áreas de xestión municipal desenvolvidas polo actual alianza PP-CDL.

Convocatoria para outubro dun pleno extraordinario monotemático sobre o PXOM.

Os nacionalistas afirman que a oposición segue sen saber cal é a situación urbanística de Gondomar. Pregúntanse que pasa coas licenzas, cos núcleos rurais, co casco urbano, coa aplicación do Plan de Ordenamento do Litoral no municipio e o tratamento da circunvalación vial proxectada para Gondomar. Entenden que todo o tema do PXOM está nunha nebulosa, onde uns din que está listo para aprobar e outros que aínda “lle queda”. O certo é que segundo o BNG, “Seguimos como estábamos, non sabemos a situación real da redacción”. Por mor disto, a agrupación presentou unha solicitude para un pleno extraordinario para o tratamento do PXOM, o pasado martes 4 de outubro. Solicitude que obriga ao goberno municipal a conformarllo antes do mediado de mes.

A suba de taxas municipais 2012 é “desmesurada e inútil” para o Bloque.

Dando conta dos aumentos das taxas muncipais votadas polo bipartito, Del Río sinalu que as mesmas son “desmesuradas e inútil” pois supoñen un carga considerable para os veciños, nun concello con case 1500 parados, sendo que para as arcas muncipais só supoñen un 0,5% no grao de cobertura da actividade. Así, o nacionalista entende que trátase dunha falla de sentido común os aumentos dun 7,9% no subministro de auga, o 4,5% nas licenzas urbanísticas, o 3,6% dos documentos do Concello, e o 4,5 do Conservatorio de Música e Escolas Deportivas.

Máis de 300 mil euros en subvencións perdidos nos 100 primeiros días de goberno bipartito.

A agrupación denunciou a perda de tres subvencións nestos primeiros 100 días de goberno de Guitián. Unha de 90 mil euros que o goberno xa tiña concedidos da Xunta de Galicia para obras de humanización no casco da vila, e que foran perdidos por falla de xestión da mesma. A iso, súmase outra subvención da Xunta para a apertura de Centros educativos fora do horario lectivo. Sendo Gondomar o único concello de Pontevedra que perdera a mesma por presentarlla fóra de prazo. Nesto senso, e para medir a gravidade do feito, informouse que houbo concellos que obtiveron ata 550 mil euros para estas actividades. Tamén perdéronse 20 mil euros para a contratación de 5 Auxiliares da Policía Local durante 5 meses. Unha operación de 27 mil euros, onde a devandita subvención curbría 20 mil euros e 7 mil o Concello. Agora as arcas municipais deberán pagar a totalidade do gasto. O motivo da perda, segundo denunciara o BNG foi que o goberno de Guitián non contestou en tempo os requerimentos de documentación solicitados pola administración autonómica.

83 familias de Gondomar quedaron sen axudas para os comedores escolares.

No que os nacionalistas cualificaron como “un escándalo sen precedentes”, de 140 solicitudes presentadas para axudas nos comedores escolares do municipio, só foron aprobadas 57. O máis grave disto, sinalaron, foi que na acta de resolución destas axudas hai un ditame da Intervención onde sinala que “non queda xustificado a puntuación obtida por cada candidato”. O que leva aos concelleiros da oposición a preguntarse “como se deron estas axudas entón, en base a que criterios”.

A Policía Local leva 3 meses cun coche de “camuflaxe” que non cumpre coa normativas.

Os policías do concello levan 3 meses co coche patrulla fóra de servizo. No seu lugar deben cumprir o servizo cun sen ningún tipo de distintivo da Policía Local, o que conforma unha ilegalidade, afirmaron os nacionalista, e un evidente perigo para os axentes xa que non lles identifican cando se desprazan no mesmo. Segundo informara o goberno durante o último pleno, xa se firmou unha operación de aluguer para a adquisición dun novo coche. Mais o BNG denuncia que dita adquisición esta feita por adxudicación directa, “procedemento totalmente prohibido pola Lei de Contratos do Sector Público” nin admitido en ningunha lexislación en materia de contratación pública. Feito que tamén o fixo ver a Intervención municipal.

O goberno de Gondomar pagou 144 mil euros en facturas con reparos da Intevención.

No informe, sinálase que “non hai ningún tipo de prelación en base a antiguidade ou entrada no rexistro”, das facturas pagadas aos provedores. “ O Sr. Alcalde dende o día 2 ata o 29 de setembro levantou o reparo de facturas, feitas polos técnicos municipais, por valor de 144 mil euros.” Os nacionalistas acusan a Guitián de pagar facturas pese a non cumprir os requisitos legais.

Nesta rolda de balance e denuncias, o concelleiro Xosé Antonio Araúxo salientou que o BNG esperou por cortesía política que transcurreran os 100 primeiros días de goberno para facer esta exposición pública. “Cen días de tolerancia que o BNG non tivo cando lle tocuou gobernar”, manifestou o ex rexedor.