Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar A policía local de Gondomar leva 3 meses traballando nun coche que non cumpre coa normativa vixente.

A policía local de Gondomar leva 3 meses traballando nun coche que non cumpre coa normativa vixente.

Correo-e Imprimir PDF
O concelleiro do BNG Pauliño del Río denunciou irregularidades na contratación do aluguer dun cohe para a policía local.

A policía local de Gondomar debe desprazarse nun coche branco sin identificación algunha dende hai case 3 meses. A patrulla “oficial” leva o mesmo tempo sen funcionar. Os funcionarios municipais atópanse traballando nunha situación de ilegalidade denunciou o concelleiro Pauliño del Río (BNG), durante o pleno municipal celebrado o pasado xoves. Unha normativa de decembro de 2010 prohibe terminantemente tal situación, nembargante problemas na convocatoria no aluguer dun remplazo, mantén aos policías municipais cumprindo funcións nesa situación.

Segundo denunciou o nacionalista, o goberno bipartito declarou deserta a primeira convocatoria logo que ningunha das tres ofertas presentadas cumpriran coa legalidade esixida. Finalmente o goberno decidiu entablar unha contratación directa, “contraria á legalidade”, segundo manifestara un escrito da intervención municipal, informou del Río.

O concelleiro tamén preguntou ao alcalde Fernando Guitián por que foron abonadas as tres mensualiades polo aluguer do coche mentres non estivo en servizo.